miércoles, 6 de marzo de 2013

Xornadas educativas Xuventude Emprende


Martes, 26 Febreiro 2013 08:37
O programa Xuventude Emprende , dirixido a mozos/as de bacharelato ou ciclos formativos de grao medio, terá lugar os días25, 26 e 27 de marzo noAlbergue Xuvenil de Gandarío (A Coruña). Consiste nunhas xornadas formativas, de 3 días de duración e nas que se inclúe o aloxamento, durante os cales os/as mozos/as desenvolverán competencias emprendedoras como o traballo en equipo, a iniciativa empresarial, a comunicación interpersoal e a xestión da diversidade, entre outras. Tamén haberá espazo para as actividades lúdicas e de tempo libre.
O prazo de inscrición estará aberto até o día 8 de marzo con un límite de 40 prazas. As actividades e o aloxamento non suporán ningún custo económico para os/as participantes.
- Consulta o folleto do programa:
http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/2013/febreiro2013/XuventudeEmprende.pdf
- Accede ao formulario de inscrición:
http://xuventude.xunta.es/201302269860/solicitude-de-participacion-no-programa-emprende.html
- Cuestionario médico:
http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/2013/febreiro2013/Cuestionario_medico.doc
- Autorización fotos e videos:
http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/2013/febreiro2013/Autorizacion_Fotos_e_Videos.do

No hay comentarios: