miércoles, 20 de marzo de 2013

Promocións Carné Xove: Roteiros Aventúrate na montaña - Aventúrate na Enciña Lastra


aventurateserralastraO Parque Natural da Serra Enciña da Lastra
O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra está situado na zona nordés da provincia de Ourense, no concello de Rubiá, comarca de Valdeorras, e foi declarado Parque natural no ano 2002.
Ten unha extensión de 3.151,67 ha, e unha altitude media de 684 m. É un val calcario de pendentes pronunciadas e cantís nos que se instalan mato e fragas mediterráneas. Área de especial interese pola súa fauna, en particular polas súas poboacións de aves rapaces, entre as que destaca a presenza de aguia real e o falcón peregrino. A abundancia de covas - que aquí se denominan palas - propicia a existencia de numerosas colonias de morcegos, das máis importantes de Galicia.
Outro punto de interese radica na presenza de pasteiros mediterráneos característicos de zonas rochosas de montaña.
Características do programa
Aloxamento no Refuxio de Covas.
Pdf do programa
Incorporación o venres a partir das 19:00 horas no pobo de Covas (Rubiá-Barco de Valdeorras).
Duración: 3 días e 2 noites.
Número de participantes: 20 persoas por fin de semana.
Datas:
  • 17-19 Maio
  • 28-30 Xuño
  • 30-1 Setembro
Actividades
Durante o fin de semana, mergullarémonos nas actividades de aventura en pleno corazón do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, recibindo así unha iniciación a kaiak, espeleoloxía, e xeocaching e realizando deportes extremos coma o puenting. Achegarémonos a lugares non coñecidos, especiais polas súas características naturais e paisaxísticas. Todo isto combinado coa inmersión na historia arqueolóxica das Covas de Pardollán en Rubiá.
  • Actividades náuticas: expedición kaiak dende Baliñas ata o embalse de Covas.
  • Actividade extrema: puenting.
  • Técnicas de orientación e GPS na montaña.
  • Xeocaching nocturno.
  • Expedicións espeleolóxicas.
  • Actividades nocturnas de observación de fauna.
  • Roteiro interpretativo ambiental polo Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.
  • Veladas lúdicas.
Programa
Venres
  • 19.00 Recepción de participantes.
  • 21.30 Cea.
  • 22.30 Velada lúdica de presentación.
Sábado
  • 09.00 Almorzo.
  • 10.00 Roteiro interpretativo ambiental polo Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.
  • 14.00 Xantar.
  • 16.00 Expedicións espeleolóxicas.
  • 21.30 Cea.
  • 22.30 Xeocaching nocturno.
Domingo
  • 09.00 Almorzo.
  • 10.00 Actividade extrema: Puenting.
  • 14.00 Xantar.
  • 16.00 Expedición kaiak dende Baliña ata o Encoro de Covas.
  • 19.30 Remate actividade e despedida.
Inclúe:
  • Aloxamento no Refuxio de Covas (Rubiá- Barco de Valdeorras).
  • Manutención durante o fin de semana.
  • Material para a realización das actividades náuticas e material de orientación (GPS, compases e mapas) e prismáticos para a observación de fauna.
  • Monitores e guías durante a xornada.
  • Seguro de responsabilidade civil.
Prezos:
  • Prezo por participante sen Carné Xove: 94 euros
  • Prezo con Carné Xove: 85 euros
Para máis información:
info@sustinea.org
Telf.: 668 874 900

No hay comentarios: