martes, 5 de marzo de 2013

XI Certame de Fotografía Ambiental do Concello de Arteixo



ArteixoO Concello de Arteixo convoca o XI Certame de Fotografía Ambiental.
O obxecto do certame é a realización de fotografías con contidos que ilustren aspectos ambientais do Concello de Arteixo.
Poderán participar no certame todas aquelas persoas que o desexen, presentando unha fotografía por concursante.
As fotografías presentaranse obrigatoriamente en papel fotográfico, cun tamaño mínimo de 20x25 cm. e máximo de 30x40 cm. e irán centradas e montadas sobre unha cartolina de 40x50 cm. branca ou negra.
Queda a libre elección dos participantes o tipo de técnica a empregar (analóxica ou dixital) e a modalidade branco e negro ou cor. Así mesmo, deberase achegar unha copia nun CD, en formato JPEG, PNG ou TIFF, da fotografía cunha resolución mínima de 200 ppp e tamaño mínimo 10x15 cm.
Si algunha das fotografías presentadas recollera primeiros planos, deberase, con carácter xustificativo, presentar unha fotografía dixital anexa (JPEG, PNG ou TIFF), cunha vista o suficientemente ampla onde se recolla o primeiro plano e no que se constate que foi tomada no Concello de Arteixo.
Premios:1º Premio: 800 €
2º Premio: 600 €
3º Premio: 400 €
O prazo para enviar as fotografías estará aberto ata o 24 de maio de 2013.
As obras serán expostas na “Sala de Exposicións” do Centro Cívico de Arteixo desde o 5 ao 15 de xuño de 2013.
Máis información no BOP da Coruña do 5 de marzo de 2013 e na OMIX de Arteixo, teléfono 981 602 413

No hay comentarios: