lunes, 11 de marzo de 2013

I Xornadas sobre patrimonio industrial de Rande: descobre a enseada de San Simón os días 22 e 23 de marzo

mar traballo e patrimonio PEQ
O proxecto “Mar, traballo e patrimonio” pretende aproximar o patrimonio cultural-industrial, o natural e a actividade produtiva-extractiva presente na enseada á sociedade, explorar oportunidades de negocio no sector turístico e, de forma complementaria, establecer estratexias para a mellora ambiental da enseada.
O obxectivo procipal de estas xornadas é presentar este patrimonio cultural de tipo industrial agochado na Enseada de San Simón e no Estreito de Rande. O día 22 de marzo está prevista unha xornada composta por un documental e unha charla coloquio que se complementarán cunha ruta en barco pola enseada de San Simón o sábado 23. A continuación podedes consultar a previsión de actividades destas xornadas.
mar traballo e patrimonio xornadas PEQ
As actividades do venres e do sábado son gratuítas e a entrada para as actividades do venres 22 é libre e non necesita inscrición. Só os asistentes á xornada do venres poderán apuntarse á visita en barco pola enseada de Rande.
Máis información en martraballoepatrimonio.com

No hay comentarios: