miércoles, 13 de marzo de 2013

Estancias prácticas en empresas de Alemaña

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Paideia ofertan 10 prazas para a realización de prácticas laborais en Alemaña, durante unha estancia de 4 semanas.
 Os obxectivos deste programa son incrementar as posibilidades  laborais de mozas e mozos galegos desempregados; posibilitar o coñecemento do mundo laboral en diferentes países estranxeiros mediante o desenvolvemento de tarefas profesionais en empresas no país de destino; proporcionar a iniciación e/ou perfeccionamento  das habilidades lingüísticas do idioma do país de destino; e impulsar o desenvolvemento de habilidades persoais de autonomía.
 Esta actividade enmárcase dentro do programa de carácter transnacional  La IDA do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais alemán, que a Fundación Paideia desenvolve en colaboración co IBI (Institut für Bildung in der   Informationsgesellschaft e. V.) e cofinanciada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
 Datos xerais:

  • Saída prevista: finais de abril – principios de maio de 2013
  • Duración da estancia: 4 semanas
  • Localización: Karlsruhe (sureste de Alemaña)
  • Prazas: 10
  • Sectores de prácticas: metal, produción industrial, saúde, gastronomía e comercio

Destinatarios e requisitos
Mozos e mozas galegas con idades entre os 18 e 30 anos de idade, que cumpran os seguintes requisitos:

  • En situación de desemprego laboral superior a seis meses
  • Sen titulación académica ou con titulación equivalente ou inferior ao ciclo medio de formación profesional
  • Con experiencia laboral nos sectores ofertados

Cobertura:
Empresa de acollida
Aloxamento e manutención
Billete de avión de ida e volta
Transporte ao posto de prácticas
Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima
Titorización personalizada durante toda a estadía.
Formación:
  • Á saída: sesións formativas e informativas obrigatorias
  • Na estancia: curso de iniciación ao alemán e actividades culturais en Alemaña
  • Á chegada: avaliación e elaboración do informe final obrigatorios
Inscricións:
O prazo de inscrición estará aberto do 13 ao 20 de marzo. Os/as interesados/as deberán:

  • Cubrir o formulario de inscrición electrónico recollido ao final desta información.

Máis información:
881 999 567/981 544 645
galeuropa@xunta.es

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

No hay comentarios: