miércoles, 6 de marzo de 2013

Axudas para estadías en países da Unión Europea

Data:
Dende o 07/03/2013 ata o 06/04/2013
Horario:
As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2013.
Entrada:
A dotación económica asignada a cada beneficiario será de 1.100 euros.
Requisitos:
  • Estar matriculados/as no curso 2012/13, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia, en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
  • Ter superado 60 créditos no momento de presentación da solicitude en titulacións de 1º ciclo ou 120 créditos en titulacións de grao e de 1º e 2º ciclo.
  • Ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior aos 7,00 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
  • O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponder co idioma oficial do país elixido.
  • Non ter sido beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias.
A Consellería de Cultura, Educación e Odenación Universitaria convoca 113 axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2013, co obxecto de coñecer a lingua dese país.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Secretaría Xeral de Universidades
Edificio Administrativo San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela
Tel. 981 545 427/ 981 54 54 46 
www.edu.xunta.es
https://sede.xunta.es  (presentación electrónica completa)
Publicación: DOG 06-03-2013

No hay comentarios: