viernes, 22 de marzo de 2013

Actividades de formación en linguas estranxeiras no verán 2013

idiomas5A Consellería de Educación convoca axudas para realizar as actividades de formación lingüística durante o ano 2013 dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2013.
Requisitos:a) Estar cursando, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2012/13,en Galicia, algún dos seguintes cursos:
1º, 2º, 3º e 4º da ESO
1º ou 2º de bacharelato e ciclos formativos de grao superior.
b) Ter superadas todas as áreas, materias ou módulos no curso 2011/12.
c) Ter acadado no curso 2011/12 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de ciclos formativos, na área, materia ou módulo de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
Destinos:Ciclos formativos superiores de formación profesional: Canadá.
2º bacharelato e 1º bacharelato: Canadá, Reino Unido e Francia.
3º e 4º educación secundaria obrigatoria: Inglés en Galicia no CDR de Vigo1º e 2º educación secundaria obrigatoria: Inglés en Galicia no CDR de A Coruña
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de abril de 2013
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
Máis información no DOG do 22 de marzo de 2013 e en http://www.edu.xunta.es/axudasle

No hay comentarios: