miércoles, 20 de marzo de 2013

Aula Xuventur. Vive a Cidade no LUG2

AULA_XUVENTURAula Xuventur está dirixido ao alumnado de educación secundaria obrigatoria (ESO), 1.º curso de bacharelato e 1.º ciclo de grao medio, que curse os seus estudos nos centros de ensino galegos e non teña cumpridos os 18 anos.
MÓDULO II. ABRIL
VIVE A CIDADE
O módulo II da edición de Aula Xuventur 2013 terá lugar na residencia xuvenil de Lug 2, en Lugo, coa actividade Vive a Cidade, na que poderán participar ata 300 mozos e mozas galegos/as.

QUENDAS 

LUNS
MARTES
MÉRCORES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
ABRIL



3
4
5

8
9
10
10
11
12

15
16
17
17
18
19

22
23
24




A hora de chegada ao albergue será ás 11:00 horas da mañá do primeiro día e a hora de saída será ás 12:00 horas da maña do último día.
PARTICIPANTES
Alumnos/as de entre 12 e 17 anos que estean cursando educación secundaria obrigatoria (ESO), 1. ° curso de bacharelato e 1. ° ciclo de grao medio.
Grupos por quenda: Poderase elixir grupo dependendo do número de alumnos/as, ata un máximo de 50 alumnos/as por quenda.
Grupo 20: 20 alumnos/as + 1 docente gratis.
Grupo 40: 40 alumnos/as + 2 docentes gratis.
Grupo 50: 50 alumnos/as + 3 docentes gratis.
O programa permite a integración de participantes con algún tipo de discapacidade (1 por quenda). Tamén está aberto a reserva de quendas a centros de discapacidade intelectual.
DESCRIPCIÓN
Obxectivo xeral: achegar a cidade de Lugo aos participantes, a través de diferentes actividades lúdico- formativas nas que os rapaces sexan os verdadeiros protagonistas.
Obxectivos específicos: espertar o espírito creador, a imaxinación e a experimentación; crear espazos de traballo grupal, no que se respecte a expresión individual; enriquecer a cultura da mocidade a través do uso das novas tecnoloxías, resaltar a importancia da historia para poder innovar; traballar sobre os estereotipos da xuventude sobre a súa cultura...
ACTIVIDADES
ü  Interpretación do patrimonio: gran descuberta polo Lugo romano con xogo de orientación con gps.
  1. Cartografía e planimetría.
  2. Xogos de orientación urbana.
  3. Xogo de rol interpretativo.

ü  O teatro interpretativo no patrimonio histórico- artístico: gran xogo de construción do lipdub urbano.
  1. Dinamización urbana a través do lipdub.
  2. Aplicacións tecnolóxicas para o lipdub: aula videocreación.
 ü  Fotografía creativa.
  1. O ollo que todo o ve: obradoiro de fotografía creativa.
  2. Exposición fotográfica na rúa coas creacións fotográficas dos rapaces: Lugo Romano: creatividade entorno á cidade da Muralla Bimilenaria.
ü  A natureza da cidade: reserva da Biosfera: coñecemento do entorno de Lugo a través da actividade físico- deportiva relacionada co xeocaching, a BTT e a escalada en rocha.
SERVIZOS INCLUÍDOS
- Aloxamento no albergue xuvenil Lug2 en réxime de pensión completa.
-Programa de actividades, monitoraxe e material necesario para o correcto desenvolvemento da actividade.
- Desprazamentos durante as actividades.
- Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
NON SE INCLÚE
O desprazamento de ida dende o centro escolar ata o albergue, e o de volta dende o albergue ao centro escolar.
EQUIPAMENTO DOS PARTICIPANTES
Deberán levar os seus útiles de aseo persoal, toallas, chancletas para a ducha, roupa cómoda, roupa de abrigo e de auga (chuvasqueiro), botas de montaña, calzado deportivo. Recoméndase unha mochila e é obrigatorio un saco de durmir.

INSCRICIÓNS E RESERVAS
A inscrición realizarase unicamente no formulario de solicitude que figura a continuación:
Formulario de Solicitude
A inscrición deberá realizala o centro de ensino correspondente. Non se admitirán solicitudes individuais do alumnado.
Cada centro de ensino poderá solicitar e participar en diferentes quendas, ata cubrir as prazas.
 PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición comezará o día 20 de Marzo ás 10:00 horas, e finalizará unha semana antes do inicio de cada quenda. O formulario esta ao final desta nova.
. Non se admitirán as solicitudes cuxa data e hora sexa anterior á sinalada.

ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles.
No prazo de 7 días dende o envío da solicitude, enviaráselle ao enderezo electrónico que figure no formulario de inscrición, un correo no que se confirmará, de ser o caso, a adxudicación da praza. De non recibir a comunicación de admisión no prazo de 7 días, entenderase que non se obtivo a praza.
Unha vez comunicada a adxudicación de prazas ao centro educativo por correo electrónico, este disporá dun prazo máximo de 5 días para enviar a documentación correspondente, que se sinale na comunicación de adxudicación, á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. No caso contrario, poderá ser excluído do programa.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
-          Son viaxes en grupo e, en consecuencia, débense respectar os horarios establecidos, tanto para as saídas programadas como para os servizos opcionais. Así mesmo, durante o desenvolvemento da actividade deberá manterse un comportamento acorde coas normas de convivencia e un trato correcto cos demais participantes e co persoal da organización.
-          Durante a estadía nos aloxamentos, respectaranse as normas de organización interna en cada un deles.
-          As persoas organizadoras reservaranse o dereito a cambiar algunha parte do programa ou servizo. Poderá tamén cancelarse, no caso de que sexa necesario por seguridade das persoas participantes.
-          A realización e o desenvolvemento das actividades estará condicionada polas condicións meteorolóxicas xerais.
-          A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá cancelar calquera dos programas, no caso de que non exista un número mínimo de participantes.
-          Se calquera das persoas participantes incumpre as normas xerais que alteren o desenvolvemento normal da actividade, a persoa poderá ser expulsada do programa. Neste caso, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado non se fará responsable da viaxe de volta da devandita persoa, nin reembolsará ningunha cantidade económica.
-          Será necesario levar a tarxeta sanitaria durante a viaxe.

DEVOLUCIÓN DA COTA DE PARTICIPACIÓN
Só se procederá á devolución da cota de participación cando, por causas non imputables ás persoas interesadas, o servizo non se preste ou a Administración cancele a actividade.
Descarga aqui o PDF informativo

No hay comentarios: