viernes, 8 de marzo de 2013

IV concurso de viñetas “Pola igualdade real”

ComicA Deputación Provincial da Coruña convoca o IV concurso de viñetas “Pola igualdade real”
O obxecto do certame é empregar a viñeta ou tira de viñeta (máximo 6 viñetas) para reflexionar sobre a importancia de visibilizar o papel da muller no medio rural, fomentar o seu empoderamento, liderado e participación social en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.
Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita escrita en galego e non premiada con anterioridade.
Temática:
– Visibilización do rol das mulleres no medio rural. Reflexión sobre o traballo produtivo adicado en especial medida ás explotacións agro-gandeiras versus o traballo reprodutivo relativo ao coidado dos/as nenos/as, persoas maiores e/ou persoas dependentes.
– Contribución das mulleres no medio rural ao desenvolvemento económico, social, cultural e ambiental, así como reflexionar sobre a achega das mulleres no rural á modernización e revitalización do medio rural incorporando boas prácticas responsables co ambiente e a creación de novas oportunidades económicas e sociais.
– Estereotipos de xénero no desenvolvemento das profesións no rural. O traballo da muller no medio rural non pode entenderse como complemento do masculino.
– Empoderamento, liderado, participación social das mulleres no medio rural
– Importante labor como portadoras e transmisoras de coñecementos e valores.
Formato:A viñeta poderá presentarse en formato, como mínimo DIN A5 e como máximo en DIN A4.
A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de 6 viñetas cun fío condutor.
Poderá empregarse técnica libre.
A execución do traballo poderá ser manual ou dixital.
A obra presentarase en soporte físico papel.
A obra non poderá ir asinada co nome.
O idioma empregado será o galego.
Premios:– O primeiro premio consistirá nun IPAD e unha colección de cómics.
– O segundo e terceiro premio consistirá nunha tablet e unha colección de cómics.
Os traballos entregaranse nun sobre pechado no seu exterior indicarase IV concurso de viñetas “Pola igualdade real” e un pseudónimo como identificador do traballo. Dentro deste sobre irá o traballo e un sobre pechado co pseudónimo no exterior, e no seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos da carácter persoal cos datos requiridos.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 8 de abril de 2013.
Máis información no BOP da Coruña do 8 de marzo de 2013 e en www.dicoruna.es

No hay comentarios: