lunes, 11 de marzo de 2013

Estadías nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño



panxonA Consellería de Traballo e Benestar convoca estadías nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño para o ano 2013, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense)
Persoas destinatarias: persoas maiores de idade, ou menores sempre que vaian acompañados/as dos/as seus/súas proxenitores/as ou titores/as legais, que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente poderán acollerse a esta orde os/as galegos/as residentes no exterior.
O servizo de residencia consistirá no aloxamento e mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS419A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de abril de 2013
Máis información no DOG do 11 de marzo de 2013

No hay comentarios: