miércoles, 6 de marzo de 2013

Talleres de comunicación para xóvenes con carácter emprendendor


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, dentro do proxecto EMPRENDE, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), convoca  varios talleres master class de comunicación para mozos e mozas co fin de facilitar a aprendizaxe e o manexo da comunicación nun entorno onde a información é continua e circula constantemente: saber comunicar para  emprender un proxecto, para encontrar o traballo o que se aspira.  Hoxe a actitude, a linguaxe e a motivación son a clave fundamental para calquera actividade de emprendemento. EMPRENDEDORES
O proxecto Emprende, financiado polo programa de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP), ten como obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para mozos e mozas, promovendo actividades que convertan o espazo de cooperación transfronteirizo nun marco atractivo para novas actividades económicas e empresariais.
Obxectivo dos talleres
Fomentar o espírito emprendedor da xuventude e a súa capacidade de comunicación. No desenvolvemento dos talleres búscase fortalecer a capacidade de convición para encontrar a cooperación e complicidade, para desenvolver as fortalezas, as capacidades, as actitudes que permitan aos participantes afianzar as súas ilusións presentes e desenvolver as súas ideas  para o futuro que desexan.
Propóñense dous modelos de taller:
1 Comunicación e relacións humanas emprendedoras ( 4 horas)
Ten por finalidade manexar a nosa capacidade de comunicación nun entorno onde as relacións se establecen por confianza. Comunicar con precisión dando na clave.
No taller abordarase a importancia da comunicación desde unha posición de linguaxe e de relacións humanas, a psicoloxía e socioloxía desde unha posición sinxela e práctica, a expoñer a capacidade  no linguaxe verbal e non verbal, traballarase a comunicación para ser mais eficaces e o reforzo de actitudes para ser mais influentes.
2 Comunicación para falar en público (4 horas)
Ten por finalidade saber defendernos ante calquera situación onde teñamos que falar en público con fortaleza e seguridade.
Poder afrontar as situacións de liderado emprendendo,  ao fronte do tecido asociativo xuvenil  e/ou para acadar un traballo.
Abordará  entre outros temas: si queres emprender un proxecto con éxito, si queres encontrar  o traballo ao que aspiras e na empresa  que soñas, si queres levar a cabo un proxecto social. Expoñer con actitude e linguaxe adecuados, motivación e paixón son a clave.
 Destinatarios
Preferentemente mozo e mozas entre 18 e 35 anos.
 Datas e lugares de realización
1 Taller comunicación e relacións humanas emprendedoras:
-15 de marzo,  Espazo Xove de Tui (Rúa Sanz, 28)
-18 de marzo, Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago de Compostela (Praza do  Matadoiro s/n)
-20 de marzo ,Espazo Xove de Lalín (r/ Pena Torre,2)
-2 de abril, Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa (r/ Juán Carlos I, 37)
- 3 de abril, Residencia Florentino López Cuevillas de Ourense,( dirixido a residentes)
Horario: os talleres impartiranse en horario de tarde de 16.30 h a 20.30 h
 2 Taller  de comunicación para falar en público:
-20 de marzo, Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago de Compostela (Praza do  Matadoiro s/n)
-21 de marzo, Espazo Xove de Lalín (r/ Pena Torre,2)
-22 de marzo, Espazo Xove de Tui (Rúa Sanz, 28)
-04 de abril, Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa (r/ Juán Carlos I, 37)
-05 de abril, Espazo Xove de Ourense (r/ Celso Emilio Ferreiro, 22)
Horario: os talleres impartiranse en horario de tarde de 16.30 h a 20.30 h, agás o Espazo Xove de Ourense que será de mañá de 10.30 h a 14.30 h
 Inscricións:
Número máximo de prazas 25, mínimo 10 por taller.
As persoas interesada poderán facer a inscrición desde o día 6 de marzo de 2013 e ata cubrir a totalidade das prazas enviando o  formulario que está  a continuación.
As prazas serán cubertas por rigoroso orde de inscrición. Os participantes seleccionados recibirán un correo de confirmación.
Non ten costo para os participantes.
 Para mais información : mobilidadexuvenil@xunta.es
Teléfonos: 981 545 822 e 981 545 702
FORMULARIO DE SOLICITUDE

No hay comentarios: