miércoles, 20 de marzo de 2013

XV edición da MITEU, Mostra Internacional de Teatro Universitario


gal01 
Esta tarde dará comezo a XV edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), que da a oportunidade de subiren ás táboas a sólidas formacións teatrais nacidas nos campus de Galicia e de fóra da comunidade. Nesta ocasión renderase homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, escritor e actor teatral ao que precisamente está adicado este ano o Día das Letras Galegas.
Ao igual que o pasado ano, nesta edición a MITEU tamén terá dous escenarios: a Mostra intercalará as representacións nas instalacións do campus universitario con outras no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Ademáis, todas as funcións serán de entrada libre ata completar aforo.
Á espera de que se confirme a totalidade do programa da Mostra, presentámosvos un avance do mesmo:
  • Mércores 20 de marzo: “Animaliños”, obra de Roberto Vidal Bolaño interpretada pola companía de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela. Ás 18:30 no Teatro Vidal Bolaño.
  • Mércores 10 de abril: “Suicidio colectivo con encanto”, obra de Fernando Dacosta a partir de ”Delicioso suicidio en grupo”, de Arto Paagilinna, interpretada pola Aula Universitaria de Teatro de Ourense. Ás 18:30 no Teatro Vidal Bolaño.
  • Mércores 17 de abril: “Agora e na hora da nossa hora”, interpretada pola compañía Eduardo Okamoto (Brasil). Ás 21:00 no Auditorio do Concello de Vigo.
  • Xoves 18 de abril: “Gemma Suns”, interpretada pola compañía Fervor (Arxentina). Ás 21:00 no Auditorio do Concello de Vigo.
  • Mércores 24 de abril: “Propietarios”, obra de Roberto Vidal Bolaño interpretada pola Aula de Teatro do Campus de Vigo. Ás 18:30 no Teatro Vidal Bolaño.

No hay comentarios: