miércoles, 13 de marzo de 2013

VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS (ONS)

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza van poñer en marcha esta primavera un programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas.

Este ano o programa de voluntariado nace co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional (Illa de Ons).

As actividades a realizar polos participantes no programa están establecidas polos técnicos do propio Parque Nacional, e centraranse especialmente na oceanografía e recursos mariños, fauna, flora e biodiversidade das illas do Parque.

O programa desenvolverase en quendas de 5 días, de luns a venres, e está concibido como un campo de traballo, no que grupos de 8 persoas voluntarias xunto cun monitor realizarán diferentes actividades de sensibilización e información sobre a necesidade de coidado e preservación dos ecosistemas mariños.

Primeira quenda: do 1 ao 5 de abril de 2013.

O PROGRAMA INCLÚE:

1. Aloxamento e pensión completa no albergue da illa de Ons.
2. Programa de actividades e monitores.
3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Os voluntarios/as deberán desprazarse por conta propia ata o punto convenido (peirao de ), desde onde serán recollidos en barco para o seu traslado á Illa.

CONDICIÓNS XERAIS

Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no momento da súa participación. As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta:

-A indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar, e han de levar a súa propia roupa de cama (saco/sabas) e os seus utensilios persoais de aseo. Recoméndase así mesmo levar roupa de abrigo.

Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado de acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrito como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

PARTICIPANTES E INSCRICIÓNS

Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse aquí:http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=105&pag=0
:: Voluntariado Galego :: VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS (ONS)
www.voluntariadogalego.org

No hay comentarios: