viernes, 1 de marzo de 2013

CONDUCE TI ( CURSOS DE CONDUCIÓN SEGURA )





A  Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, un ano máis, pon en marcha cursos Conduce Ti: cursos de formación en condución segura co obxectivo de achegar á mocidade actitudes seguras no uso do vehículo baseada no coñecemento dos factores de risco,  dos sistemas de seguridade do automóbil e da técnica de condución.CONDUCCION_SEGURA
Destinatarios:
Mozos e mozas entre 18 a 30 anos, imprescindible que saiban conducir.
Non é preciso que sexan titulares de permiso, xa que, a escola dispón de homologación da DGT.
Datas e lugares de realización:
Os cursos impartiranse nas instalacións da Escola Galega de Condutores San Martín SL
Plataforma de Estacionamento nº 2
Polígono Industrial de Teixeiro
15310 Teixeiro - Curtis (A Coruña).
Desenvolveranse nas seguintes  fins de semana:
Marzo:
-          Sábado 16
-          Domingo 17
Abril:
-          Sábado 20
-          Domingo 21
-          Sábado 27
-          Domingo 28
Maio:
-          Sábado 7
-          Domingo 8
Xuño:
-          Sábado 1
-          Domingo 2
-          Sábado 8
-          Domingo 9

Inscricións:
Número de prazas  máximo de 15 por día.
As  persoas interesadas neste programa poderán facer a reserva da praza, dende o día 01 de  de marzo de 2013 e ata cubrir a totalidade das prazas enviando o correspondente formulario que está a súa disposición  ao final desta páxina.
A cota de inscrición será de 30€ e os posuidores/as de Carné Xove pagarán 24 € ( 20 % de desconto)
Unha vez confirmada a reserva da praza, darase a información oportuna para facer o ingreso nun prazo máximo de 48 horas,  de non realizarse o pagamento a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado disporá da praza reservada.
Programa, normas  e horario de desenvolvemento da actividade:
O curso desenvolve unha parte teórica de clases teóricas e técnicas de condución e aula virtual para a concienciación e socialización  e clases prácticas con manexo de vehículo tipo turismo.
Horario:
08:55 h recepción de participantes e entrega de documentación.
09.00 h clase práctica: simulador de superficies esvaradías.
10.00 h clase teórica.
12.00 h clase práctica: Freada con ABS.
12:45 h clase práctica: Freada con avaría.
13:30 h descanso. Xantar ( por conta do participante)
15:00 h clase práctica: Slálom.
16:00 h clase práctica: Círculo de Kann.
17:00 h aula técnica.
Ao comezo da actividade os monitores/formadores solicitarán, a cada participante, o DNI ou documento acreditativo semellante.
A persoa que non figure como participante  ou non teña abonada a cota correspondente segundo os  datos da organización, será excluída.
Os cambios de titularidade na praza deben ser consultados e autorizados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, onde se fixo a inscrición.
As actividades poderán sufrir modificacións en función das condicións meteorolóxicas.
 Para máis información:
www.xuventude.xunta.es
xuventude@xunta.es
Teléfonos : 981 554 854 , 981 541 688 e 981 544 645
FORMULARIO DE INSCRICIÓN

No hay comentarios: