viernes, 25 de mayo de 2012

Xornada de Voluntariado no Monumento Natural Costa Dexo-Serantes

Data:
O 03/06/2012.
Organizada por:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) + Carrefour
Requisitos:
  • Nº prazas limitadas: orde de inscrición.
  • Se queres formar parte das persoas que contribúen á conservación da costa galega, inscríbete nesta actividade chamando ao 981 630 618 ou enviando un correo electrónico a rebeca.vazquez@ceida.org
Enlace:
www.ceida.org

O domingo 3 de xuño, o CEIDA, en colaboración con Carrefour, organiza unha Xornada de Voluntariado no Monumento Natural Costa Dexo-Serantes.
Coa chegada da primavera o calendario ambiental ven cargado de datas significativas, entre as que destacan o Día Mundial da Biodiversidade o 22 de maio e, dous días despóis, o Día Europeo dos Parques. Co primeiro conmemórase a data de adopción do texto do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica fai 20 anos, e no 24 de maio celébrase a declaración dos primeiros parques nacionais europeos.
Conservación da biodiversidade e espazos protexidos son dous conceptos que moito teñen que ver coa Xornada de Voluntariado que, dentro do programa "Coidando o noso mar", levarase a cabo o vindeiro domingo 3 de xuño. Desde o ano 2009 Carrefour desenvolve este proxecto en diferentes zonas costeiras, involucrando á poboación do litoral na conservación do seu entorno, mediante accións de educación ambiental encamiñadas a mostrar a biodiversidade mariña, os problemas que afectan a estos espazos e as súas posibles solucións. Con esta iniciativa xa se recorreu o litoral de Tenerife da man de Fundación Global Nature, a costa catalana en compañía de Acciónatura e, actualmente, os esforzos céntranse nos ecosistemas galegos co CEIDA.
Na xornada do 3 de xuño os voluntarios poderán contribuir á preservación da costa de Dexo-Serantes eliminando plantas invasoras, recollendo os residuos abandonados na zona e visitando o Centro de Interpretación do monumento natural, antiga casa do fareiro onde os participantes coñecerán o patrimonio natural e cultural desta franxa costeira.
Máis información:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)
Castelo de Santa Cruz, s/n
15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
Tel.: 981 630 618
rebeca.vazquez@ceida.org
www.ceida.org

No hay comentarios: