miércoles, 16 de mayo de 2012

LUCUS CULTURAL 2012

Lucus Cultural 2012 del 26 de mayo al 21 de Junio de 2012

Os actos culturais do programa LVCVS CVLTVRAL desenvolveranse do sábado 26 de maio ao xoves 21 de xuño do 2012.
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, organiza varios actos culturais previos á celebración do Arde Lucus MMXII como desfiles de peiteados romanos, conferencias, exhibicións ou visitas guiadas.
Esta serie de actos culturais, divídense en tres grandes bloques: ciclo de conferencias, visitas Lucus Cultural e, por primeira vez no Arde Lucus, xornadas temáticas nos diferentes barrios da cidade.


Ciclo de Conferencias
31/05/2012 20:00 Xulio Carballo - Os castros galegos no territorio Deputación de Lugo
07/06/2012 20:00 Pepa Rey - Vida cotiá dos castrexos Deputación de Lugo
14/06/2012 20:00 Isabel Rodá - Ludi Romani Deputación de Lugo
18/06/2012 20:00 María Dolores Dopico Caínzos - ¿Para que fundou Roma Lucus Augusti? Deputación de Lugo
19/06/2012 20:00 María Xosé Bravo Bosch - O medio ambiente en Roma: regulación xurídica Deputación de Lugo
20/06/2012 20:00 Pedro López Barja de Quiroga - O círculo de poder: escravos na antiga Roma Deputación de Lugo
21/06/2012 20:00 Jean Pierre Adams - Aurelio, desde las murallas de la paz hasta las murallas del temor Deputación de Lugo

Xornadas de Degustación de Pan Romano
16/06/2012 Todo o Día Xornadas de Degustación de Pan Romano Praza Maior

Visitas Lucus Cultural
02/06/2012 12:00 Visita ás Termas Romanas. 25 Prazas
Balneario de Lugo
09/06/2012 11:00 Visita Lugo Romano. 25 Prazas Concello
16/06/2012 12:00 Visita a Domus do Mitreo. 25 Prazas Edificio do Vicerreitorado

Xornadas nos Barrios
26/05/2012 De 17:00 a 20:00 Actividades para nenos e maiores como obradoiros de madeira, de barro ou unha partida de xadrez xigante entre nenos romanos e galaicos.
Trebas Galaicas e Xaquedrum
Praza do Castiñeiro
02/06/2012 De 17:00 a 20:00 Obradoiro de Barro, tiro con onda e loita con espadas, obradoiro de cuñaxe de moedas, instrución, militar para nenos, contacontos castrexo.
Tir Na Nog e Terra Copora
Praza de Augas Férreas
08/06/2012 De 17:00 a 20:00 Actividades como desfiles militares romanos ou xogos de mesa.
Caetra-Civitas
Praza da Milagrosa
09/06/2012 De 17:00 a 20:00 Actividades como lanzamento de aros, ferraduras ou carreira de sacos.
Lucus Equites- Lugdunum.
Praza das Fontiñas

No hay comentarios: