martes, 29 de mayo de 2012

Curso de Monitor de Tempo Libre

Abertal en colaboración coa Escola Don Bosco convoca un curso de Monitor de Tempo Libre.

A titulación de monitores de actividades de tempo libre é un título que concede a Dirección Xeral de Xuventude. Para a súa obtención están recoñecidas unhas institucións chamadas "Escolas de tempo libre" . Entre estas , encóntrase a Escola de tempo libre e animación sociocultural DON BOSCO, recoñecida a tal efecto o 1 de xuño de 1986. Todo o referente a esta titulación está descrito no decreto 50/2000 da Xunta de Galicia. O seguinte é unha síntese deste decreto.
REQUISITOS:
Para a matriculación no curso de monitores é imprescindible cumprir estes requisitos:
- Ter máis de 18 anos no comezo do curso (axuntar fotocopia do DNI).
- Ter o graduado escolar
DATAS
Dende o 2 ao 24 de Xullo
Descansos: 8, 15 e 22 de Xullo
PREZO:
250 € + 11€ de taxas do titulo
PARA APUNTARSE:
directamente nos locais de Abertal na rúa Venezuela 3 Baixo en Vigo.
DESCRICIÓN DO CURSO
Para obtención deste título o alumno/a debe superar dúas fases, descritas no decreto vixente na actualidade, reelaborado por esta escola dentro dos parámetros.
A PRIMEIRA FASE, chamada teórica-práctica é a correspondente máis propiamente co curso. Ten unha duración de 200 horas, organizadas en 20 xornadas de 10 horas cada unha, correspondentes os seguintes bloques: 30 horas de fundamentos psicolóxicos e sociolóxicos; 60 horas de áreas educativos, 100 horas de técnicas e recursos para o tempo libre e por último 10 horas de lexislación e asociacionismo.
A SEGUNDA FASE, correspóndese cun período de prácticas, nunha destas dúas modalidades:
14 días de actividades ó aire libre (campamentos colonias,....) en bloques non inferiores a 3 días.
150 horas en actividades cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.
Ofertamos a posibilidade de facer as prácticas na primeira quincena de Agosto, no Campamento Urbano.
AVALIACIÓN
A avaliación de ambas fases corresponde á escola baseándose en criterios establecidos o comezo de cada curso.
Normas Xerais de Matriculación
Matriculación
Inicialmente haixe que preinscribir no curso mediante o envío por correo ou fax, ou ben pola entrega persoal do impreso de inscrición. Quince días antes do inicio do curso comunicaraselle aos admitidos ( os 25 primeiros) que se abre o prazo de inscrición. Nese prazo teñen que formalizar a matrícula abonando o 25 % do coste do curso.
O importe dos cursos inclúe, os materiais básicos, o seguro e os dereitos académicos
As prazas son limitadas, e se cubrirán por rigorosa orde de recepción.
Baixas
Toda notificación de baixa posterior ó prazo de inscrición do correspondente curso, da dereito á devolución dun 80% do importe de matricula. Unha vez comezado o curso non haberá devolucións.
A non asistencia a un curso significa a perda de tódolos dereitos de matrícula, así como o importe da mesma.
Anulación de cursos
A Escola resérvase o dereito de anular algún curso cando o número de inscricións non sexa suficiente, o xuízo da entidade. Neste caso devolverase o importe íntegro da matrícula.

No hay comentarios: