lunes, 14 de mayo de 2012

Axuda de 200 € para obter o Carné de Conducir

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas e de fomentar unha condución segura e responsable, pon ao teu alcance a obtención do carné de conducir.
Se tes entre 18 e 30 anos, resides en Galicia e, ademais, cumpres os seguintes requisitos:
  1. Es titular do carné xove
  2. Estás en situación de desemprego(cunha antigüidade mínima de 6 meses no momento de presentar a solicitude).
  3. A túa unidade familiar non ten ingresos superiores a 2,5 veces o IPREM.
PODES OBTER UNHA AXUDA DE 200 €!
Para acceder á axuda, deberás obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e antes do 15 de outubro de 2012 e, ademais, superar con éxito un curso gratuíto de educación viaria organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN
As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva, concederánsevos a todos/as os que reunades os requisitos esixidos, seguindo a orde de presentación de solicitudes ata esgotar o crédito dispoñible.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG e estará aberto ata o día 1 de setembro de 2012, salvo que antes se esgote o crédito dispoñible. O esgotamento do crédito publicarase no DOG e na páxina web www.xuventude.net.
Consulta da orde:  DOG do luns 14 de maio de 2012

Enlace ao DOGhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120514/AnuncioCA05-090512-0001_gl.html

No hay comentarios: