martes, 15 de mayo de 2012

Axudas para participar no programa de cooperación territorial «Recuperación e Utilización Educativa de Pobos Abandonados» durante os turnos do verán de 2012

Resolución de 27 de abril de 2012, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para participar no programa de cooperación territorial «Recuperación e Utilización Educativa de Pobos Abandonados» durante os turnos do verán de 2012.
As actividades deste programa terán lugar en Búbal (Huesca), Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalajara) en periodos de 13 días do 1 de xullo ao 1 de setembro e van dirixidas a alumnado matriculado en centros docentes españois que curse 3º e 4º de Ensinanza Secundaria Obligatoria, Bacharelato, Formación Profesional, Programas de cualificación profesional inicial ou Ensinanza Superior. Tamén pode participar alumnado maior de 18 anos e menor de 25 que curse Ensinanza Secundaria ou Superior.
O prazo de solicitude finaliza o 21 de maio de 2012.

Enlace ao boletín: http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2012/05/11/33d471f96a8b40f0be96a5c85fbf68e0.pdf


No hay comentarios: