miércoles, 16 de mayo de 2012

Braga. Capital Europea da Xuventude 2012


BRAGA
Participación da mocidade galega nas actividades da Capital Europea da Xuventude
A cidade portuguesa de BRAGA é este 2012 a CAPITAL DA XUVENTUDE EUROPEA. Este evento vai marcar o panorama cultural, académico e recreativo do lugar, polo que este é o ano ideal para visitar un dos puntos máis atractivos do país veciño.
Durante o 2012, Braga ofrecerá un programa completo de eventos e actividades que ofrecerán máis participación e máis oportunidades para que a xuventude tome un papel activo.
Participación da mocidade galega nas actividades da Capital Europea da Xuventude que se propoñen:

 a) Festival de artes de performance  - 1 a 3 de xuño
O evento pretende xuntar, nun espazo multifuncional, o público xuvenil, incluíndo o universitario, a Xuventude do Concello e convidalos a interactuar con público doutras franxas de idade e de outras paraxes e doutras culturas.

O certame comprende actividade durante todo o día, con espectáculos e performances a realizar en varios horarios, de día e de noite, e en varios espazos do Parque da Ponte. Concertos (ao final do día). Talleres de danza, teatro, música, poesía. Talleres de Jazz, de escultura, olería, deseño, etc, concentraranse durante o período da mañá e, a principios de tarde poderán levarse a cabo debates temáticos. Ao final de cada tarde, suxerimos espectáculos informais de Jazz 'na herba'. Tras a cea, terán lugar os espectáculos no escenario principal do evento, con nomes consagrados e emerxentes da música popular portuguesa e de dous países invitados, así como dos distintos grupos culturais universitarios do Miño e doutras rexións do país.

 b) Feira Tecnolóxica “ Meo XL Party” – 29 xuño a 1 de xullo
O Braga Tech será un evento onde a mocidade cos seus ordenadores pasarán unha longa fin de semana para facer amizades, falar no MSN e Facebook, navegar pola web, escoitar música, practicar deportes radicais, participar en obradoiros e conferencias, asistir a espectáculos de física, ver astros e planetas e competir en torneos internacionais de videoxogos.

 c) Día Internacional da Xuventude – 12 de agosto
Porque a xuventude é o noso futuro, porque eles darán continuidade ao que está por vir, con este obxectivo preténdese desenvolver un Día Internacional para a xuventude. Trátese que neste día se reúnan un pouco por toda a cidade de Braga o maior número de mozos e mozas. Para celebrar este día, teremos actividades de animación na Praia Fluvial de Adaúfe, con inchables e DJ 's durante o día. A partir das 18:00 h e ata ás 02:00 h do día seguinte, haberá un Festival Internacional de bandas emerxentes, celebrando o Día Internacional da Xuventude. Contará coa participación de diversas bandas do panorama máis alternativo da música moderna, dos máis diversos puntos do mundo.
Preténdese unha celebración da mocidade, da música, da interculturalidade nun espazo que permite vivir a natureza e as quentes noites de verán ... 6 horas de música, 6 bandas emerxentes e 6 DJ’s poderosos para celebrar unha ocasión moi especial.

 d) Campionato Mundial de Fútbol Sala Universitario - 19 a 25 de agosto
O 13º Campionato Mundial Universitario de Fútbol Sala, realízase en Braga nunha organización asignada pola Federación Internacional do Deporte Universitario (FISU) á Federación Académica do Deporte Universitario (FADU) en colaboración coa Universidade do Minho e coa Asociación Académica da Universidade do Miño. O Campionato Mundial Universitario de Futsal é un dos eventos con maior proxección de todo o calendario da FISU, contando nas edicións anteriores coa participación de máis de 500 atletas de 30 países por edición.
Entre os quince proxectos que o WUFC 2012 pretende levar a cabo, destacamos o programa de voluntariado, destinado non só a alumnos da Universidade do Miño senón tamén a toda a mocidade da cidade de Braga con particular énfase na educación secundaria, polo destacado interese mediático do que, certamente, se beneficiará, asumíndose como un cénit para a Capital Europea da Xuventude, para o deporte universitario e para a promoción do voluntariado. Preténdese, con este proxecto, a participación de preto de 200 estudantes das escolas da cidade na organización directa do evento, facilitándolles, en réxime residencial, unha experiencia única e inculcándolles hábitos de vida saudable, valores de voluntariado e asociacionismo, ao mesmo tempo que se asumirán como vehículos de promoción e divulgación da CEJ2012 e do WUFC'2012.
Actividade          Data
Cerimonia de apertura 18 agosto
Fase de Grupos               19 a 21 agosto
Día de descanso e Cerimonia Cultural    22 agosto
Cuartos de final               23 agosto
Semifinais           24 agosto
Final e Cerimonia de clausura    25 agosto

 e) Ponte Party People - 1 de setembro
Festa no parque da cidade, con bandas e DJ 's durante a noite con espírito de festival de verán.

 f) Noite Branca - 8 e 9 de setembro
Este evento de 24h de street art, ten como obxectivo transformar Braga nunha gran instalación artística, reunindo todas as áreas de entretemento en espazos públicos e privados, que estarán abertos ininterrompidamente, promovendo as actividades comerciais e os organismos participantes. Este evento permitirá a animación continua das rúas da cidade de Braga, con diferentes espectáculos de artes performances e circenses, música, proxección multimedia, entre outros.

No hay comentarios: