martes, 8 de mayo de 2012

Parque Arqueolóxico da Arte Ruestre en Campolameiro

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), situado en Campo Lameiro (Pontevedra), é un equipamento cultural único para coñecer unha das máis características e primitivas manifestacións artísticas de Galicia: os petróglifos, signos e figuras gravadas nas rochas.

A visita ao Parque Arqueolóxico desenvólvese a partir do acceso a tres espazos diferenciados: un suxestivo e innovador espazo expositivo situado no interior do Centro de Interpretación,
a área arqueolóxica anexa, de 22 hectáreas de extensión, na que podemos pasear e observar un conxunto excepcional de estacións rupestres nunha paisaxe moi semellante á do seu contexto orixinal, e unha recreación dun pequeno poboado no que se evocan aspectos da vida cotiá dos nosos antepasados da Idade do Bronce.
O Parque Arqueolóxico ofrece un conxunto heteroxéneo de actividades, dirixidas tanto a adultos coma ao público infantil, que pretenden ofrecer contidos patrimoniais e experiencias dunha maneira didáctica, lúdica e participativa.
Cazar con arco ou cunha xavelina, fabricar vasillas de cerámica como as da Idade do Bronce, aprender a prender lume sen mistos nin chisqueiros, facer calcos de petróglifos como os arqueólogos... son só algunhas das propostas de talleres e exhibicións que se ofrecen ao longo do ano no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.
Esta oferta básica, que se realiza nos talleres do Parque Arqueolóxico ou ao aire libre, pode adaptarse de maneira personalizada ás distintas persoas, grupos ou colectivos interesados previa reserva telefónica.

HORARIOS
TEMPADA BAIXA - De novembro a maio, de 10:00 a 18:00, de martes a domingo.*
* Fins de semán de abril e maio de 10:00 a 20:00 horas.
TEMPADA ALTA - De 1 de xuño ao 15 de outubro, de 10:00 a 20:00 horas, de martes a domingo.
A taquilla pecha 1/2 hora antes.
En tempada alta prorrógase a hora de peche segun afluencia de visitas.
------------------------------------------------------------------------------------------
VISITA NOCTURNA
Xeral - De 20:00 a 24:00 h venres e sábados en temporada alta; só con reserva previa.
Visitas especiais concertadas - Todos os días de apertura. Grupo mínimo, 10 persoas.
------------------------------------------------------------------------------------------
DÍAS DE PECHE
O Centro de Interpretación pecha todos os luns, excepto cando coinciden con festividades nacionais ou autonómicas, que permanecerá aberto.
Ademais, o Parque Arqueolóxico permanecerá pechado os días 1 de xaneiro, 24, 25 e 31 de decembro.
RESERVAS E TARIFAS
TARIFAS BÁSICAS
XERAL: 6,00 €
REDUCIDA: 3'50 €
VISITAS GUIADAS: 2€ complementarios por persoas (mínimo 10 )
GRUPOS: 3'50€ por persoa (mínimo 10 persoas)
 Máis Información: www.paar.es

No hay comentarios: