miércoles, 23 de mayo de 2012

Burela acollerá o 26 de maio un encontro sobre emprendemento e creatividade xuvenil nos sectores agrario e pesqueiro

  • Trátase dunha xornada, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, que ten como título “Terra e mar, fonte de emprendemento xuvenil”
  • Os interesados en participar xa poden inscribirse na páxina web http://xuventude.xunta.es
  • Esta actividade é un dos nove actos que forman parte do programa “Conecta”, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que xa se teñen celebrado en Santiago, Vila de Cruces e Ferrol

Santiago, 23 de maio de 2012.- Burela acollerá o próximo 26 de maio un encontro sobre emprendemento e creatividade xuvenil centrado nos sectores agrario e pesqueiro. Trátase dunha xornada, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, que ten como título “Terra e mar, fonte de emprendemento xuvenil”.
Os interesados en participar nesta actividade xa poden inscribirse na páxina web http://xuventude.xunta.es. Os asistentes poderán compartir experiencias sobre como emprender, cal é o futuro do sector primario, nichos de emprego en tempos de crise ou cal é o camiño cara o éxito profesional.
Para conseguilo, os participantes terán a ocasión de coñecer a visión de expertos e profesionais dos sectores a través de ponencias, que se complementarán con outras actividades paralelas como obradoiros ou mostras de talento xuvenil.
Esta actividade é un dos nove actos que forman parte do programa “Conecta”, que xa recalou nos concellos de Santiago de Compostela, Vila de Cruces e Ferrol.
Esta iniciativa enmárcase no proxecto transfronteirizo “Emprende” e conta coa participación e colaboración de diferentes entidades, tanto galegas como portuguesas.


No hay comentarios: