miércoles, 23 de mayo de 2012

Convocatoria de bolsas FEUGA para os titulados de Formación Profesional


O programa de bolsas de Formación Profesional de FEUGA está destinado a persoas tituladas en Formación Profesional dos centros públicos galegos de FP.
Este programa busca contribuír a facilitar a inserción profesional destas persoas, mellorando a súa cualificación e o seu desempeño profesional.  Para a execución deste programa cóntase coa directa colaboración dun elevado número de empresas, entidades e institucións privadas e públicas, así como coa colaboración do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).
Estas bolsas de Formación Profesional de FEUGA son un instrumento axeitado para favorecer o acceso ao mercado laboral das persoas que acaben de titularse e para completaren a súa formación teórica previa, cunha estadía práctica nun centro de traballo.
De cara ás empresas, estas bolsas constitúen unha ferramenta idónea, xa que poden acceder a profesionais con preparación e sen experiencia profesional, que poden formar durante a estadía na empresa en todos os aspectos propios do seu labor profesional e nun período previo á súa posible contratación.
Para ampliar información sobre o programa de bolsas, pode dirixirse á FEUGA no teléfono 981 534 180, no fax 981 524 351 ou no correo electrónico sdoce@feuga.es.

No hay comentarios: