martes, 29 de mayo de 2012

Programa Emega de apoio ao emprendemento feminino

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120522/AnuncioC3C1-140512-0004_gl.pdf) o programa Emega para fomento do emprendemento feminino.
Estas axudas teñen por obxecto incentivar as mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha,
mellora ou reactivación de iniciativas empresariais, a través das seguintes liñas de actuación:
• Liña Emprende: programa de axudas económicas a través de primas para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais
e a creación de emprego feminino por conta propia e allea.
• Liña Innova: programa de axudas económicas mediante primas para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas
lideradas por mulleres que comparten a creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.
• Liña Activa: programa de axudas económicas a través de primas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas lideradas
por mulleres por medio da aplicación de medidas de renovación, relanzamento, ampliación ou cambio de localización da actividade
coas cales acadar o equilibrio empresarial buscando o seu mantemento e promoción no contexto económico actual.
• Liña Concilia: programa de apoio á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar dirixido ás empresas que acceden
a calquera dos programas das liñas Emprende, Innova ou Activa nas cales existan promotoras con fillos/as menores de tres
anos, para favorecer o exercicio profesional das emprendedoras que compatibilizan a súa actividade co exercicio da maternidade en
idades temperás.
• Requisitos xerais:
- Poderán ser destinatarias das axudas do programa Emega as empresas formadas por mulleres emprendedoras, con domicilio social e
establecemento de produción en Galicia.
• Requisitos da liña Emprende:
a) Que se acredite ausencia de actividade laboral derivada dunha situación legal de desemprego ou de inactividade por maternidade e/
ou coidado de persoas dependentes a cargo, por un período mínimo de tres meses inmediatamente anterior ao día primeiro do mes de
alta na actividade.
b) Que se creen na empresa os postos de traballo de todas as promotoras.
c) Que o inicio da actividade empresarial se produza nos doce meses anteriores á data de finalización do prazo de presentación de
solicitudes.
• Requisitos da liña Innova:
a) Que acrediten no mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes actividade empresarial ininterrompida entre 2 e 5 anos
no mesmo sector para o cal se proxecta a mellora.
b) Que presenten un plan de empresa en que defina o proxecto de mellora empresarial e a estratexia para a súa implementación.
c) Que o proxecto de mellora supoña a creación, polo menos, dun posto de traballo para unha muller.
d) Que o proxecto se materialice a través dalgunha das seguintes accións:
– Proxectos de desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a obtención de novos produtos ou procesos ou mellora dos xa
existentes.
– Proxectos de aplicación de novas fórmulas de produción e/ou distribución.
– Proxectos de diversificación de produción e/ou da oferta de produtos ou servizos no marco da mellora da calidade.
– Proxectos de reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos e/ou servizos innovadores ou de especial singularidade.
• Requisitos da liña Activa:
a) Que acrediten un período mínimo de actividade mercantil na actividade económica para a cal se solicita a axuda de 3 anos.
b) Que presenten un plan de empresa para a reactivación e consolidación da empresa.
c) Que manteñan ou incrementen o número de postos de traballo por conta propia e por conta allea preexistentes na empresa.
• Requisitos da liña Concilia:
a) Que formen parte da empresa promotoras con fillos/as que non superen os 3 anos de idade.
b) Que se asine un acordo ou convenio de conciliación para o persoal asalariado.
c) Que se asinen acordos de teletraballo, formalizados de xeito individual, co persoal vinculado á empresa por contrato laboral.
• Contía das axudas:
• Liña Emprende:
a) Prima de 12.000 € ás empresas que creen dous postos de traballo por conta propia ou un posto por conta propia e un posto por conta
allea con contrato indefinido para mulleres.
b) Prima de 18.000 € ás empresas que creen máis de dous postos de traballo por conta propia para mulleres.
c) Prima de 20.000 € ás empresas que creen dous postos por conta propia e un posto por conta allea con contrato indefinido para
mulleres.
d) Prima de 22.000 € ás empresas que creen dous postos por conta propia e dous postos por conta allea con contrato indefinido para
mulleres.
• Liña Innova:
a) Prima básica de 15.000 € por empresa.
b) Prima de 18.000 € ás empresas que, creen un posto de traballo por conta allea con contrato indefinido para outra muller.
Prima de 22.000 € ás empresas nas cales existan máis de dúas traballadoras autónomas e se cree, ademais do emprego obrigatorio, un
posto de traballo por conta allea con contrato indefinido para outra muller.
• Liña Activa:
a) Prima de 6.000 € ás empresarias autónomas.
b) Prima de 12.000 € ás sociedades constituídas por dúas promotoras e ás empresarias autónomas, sempre que, neste último caso, se
manteña ou, no seu defecto, se cree un posto de traballo con contrato indefinido para outra muller.
c) Prima de 18.000 € ás empresas que manteñan ou creen máis de dous postos de traballo por conta propia para mulleres.
d) Prima de 20.000 € ás empresas que manteñan ou creen dous postos por conta propia e un posto por conta allea con contrato indefinido
para mulleres.
e) Prima de 22.000 € ás empresas que manteñan ou creen dous postos de traballo autónomo e dous postos por conta allea con contrato
indefinido para mulleres.
• Liña Concilia:
a) Prima básica de 3.000 € por empresa con promotoras con fillos/as menores de tres anos.
b) Prima de 5.000 € por acordo ou convenio de conciliación.
c) Prima de 1.000 € por contrato de teletraballo, para mulleres ou homes, co máximo de 5.000 €.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 22 de xuño de 2012
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI429A
Máis información no DOG do 22 de maio de 2012 e en: http://www.mulleresengalicia.es

No hay comentarios: