jueves, 10 de mayo de 2012

Prazas centros residenciais docentes para ensinanzas postobrigatorias non universitarias




CRDOURENSEA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, para todas aquelas ensinanzas postobrigatorias non universitarias que os ditos centros teñan autorizadas para o curso 2012-2013.
Para poder optar á praza de residencia os aspirantes deberán acreditar as circunstancias que impidan a súa escolarización nun centro sostido con fondos públicos. Con carácter xeral, esta circunstancia será a de non poder cursar os estudos solicitados por non haber un centro sostido con fondos públicos que imparta os devanditos estudos, ben na localidade de residencia, ben nunha localidade próxima que permita, polos medios de comunicación da zona, un acceso diario con facilidade. Con carácter particular, e documentalmente acreditado, poderanse ter en conta outras circunstancias, como condicións de orfandade, fillos de emigrantes ou situacións familiares moi graves.
As solicitudes poderanse presentar directamente nos centros residenciais docentes ata o 11 de xuño de 2012.
Establécese un período extraordinario na primeira quincena do mes de setembro para a presentación de solicitudes destinadas a ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación desta convocatoria, así como para os ciclos formativos e extraordinariamente no curso académico 2012/2013 para bacharelato.
Os trámites poden facerse en http://sede.xunta.es co procedemento E306A

No hay comentarios: