lunes, 14 de mayo de 2012

Formación práctica en centros de traballo.

A Consellería de Cultura e Educación convoca axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT), nas seguintes modalidades:
1. Modalidade A: Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial e que realice a FCT dentro do territorio español.
2. Modalidade B: Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional inicial ou nun ciclo formativo de artes plásticas e deseño e que realice a FCT en países da Unión Europea.
Requisitos:Alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que estea cursando o derradeiro curso dun: ciclo formativo de grao medio ou superior de formación profesional, ciclo formativo de grao medio ou superior de artes plásticas e deseño, módulo profesional experimental de nivel II, nivel de ensinanzas deportivas ou un programa de cualificación profesional inicial.
O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2012.
Prazos:Primeiro prazo: 14 de xuño de 2012 para o alumnado que realizase a FCT nos períodos de outubro 2011-marzo 2012 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2012.
O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2012 para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2012 e o alumnado matriculado nun programa de cualificación profesional inicial que realice a FCT no período extraordinario de setembro de 2012.
Máis información no DOG do 14 de maio de 2012 e en www.edu.xunta.es/fct

No hay comentarios: