viernes, 7 de junio de 2013

Xuventude Crea 2013


CARTEL_XUVENTUDE_CREAA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o Programa Xuventude Crea nas especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, moda e deseño de xoias.
Poderán participar os/as mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2013.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.
O prazo de participación estará aberto ata o 31 de xullo de 2013.
Premios por cada unha das especialidades:
– Un primeiro premio de 3.000 €.
– Un segundo premio de 1.500 €.
– Un terceiro premio de 1.000 €.
As obras dos/as participantes premiados/as quedarán en posesión da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Teatro:Poderán concorrer grupos teatrais, non profesionais, compostos por mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2013. Admitirase que ata un 25% dos/as compoñentes do grupo supere os 30 anos ou teñan entre os 14 e 16 anos.
Artes plásticas:Establécense as seguintes modalidades: pintura, escultura e fotografía.
Música:Poderán concorrer solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea.
Admitirase que ata un 25% dos/as compoñentes do grupo supere os 30 anos. Tamén poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos/as participantes que se presenten como solistas.
Relato breve:As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
O tema será libre.
As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 5 páxinas e máxima de 10, mecanografadas a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4, e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar.
Poesía:As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
O tema e a técnica serán libres.
As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 50 versos e máxima de 100, a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4 e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar.
Videocreación:As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
Quedan excluídas deste certame todas as obras que teñan concedidas axudas económicas da Administración autonómica para a súa realización, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes.
O tema será libre, máis deberá dar prioridade aos contidos artísticos e culturais dunha maneira innovadora e experimental. Enténdese por experimental a obra que se sitúa fora dos códigos convencionais, que aposta por fórmulas audiovisuais onde se dá prioridade á subxectividade.
Banda deseñada:As obras serán orixinais e inéditas.
A temática será libre, con textos en galego.
A técnica pode ser calquera, feita en branco e negro ou en cor.
O formato deberá ser en DIN A-4 ou DIN A-3 e a extensión mínima terá que ser de 10 páxinas. En caso de que a obra fose feita en formato dixital, á parte dunha versión impresa deberá xuntarse un CD ou DVD cos arquivos orixinais.
Cada obra deberá levar pseudónimo e título.
Graffiti:As obras serán orixinais, inéditas e, de ter texto, este estará en galego.
O tema e a técnica serán libres.
Os traballos poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso poderán ter un máximo de 3 membros.
Carteis:A participación será a título individual.
As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
O tema do cartel será: "As redes sociais e as novas tecnoloxías".
A técnica será libre dentro dos límites usuais, para permitir unha normal reprodución fotomecánica.
As obras deberán presentarse sobre cartón, cartón pluma ou similar, en formato vertical, cunhas medidas máximas de 47 × 64 cm e presentaranse suficientemente protexidas e montadas sobre un soporte ríxido e desmontable que permita a súa perfecta exposición.
Deseño de xoias:A colección debe ser orixinal e estará composta por 3 xoias.
Xunto coa documentación indicada no artigo 4 desta disposición, e no mesmo sobre, os/as participantes presentarán:
– Unha fotografía de cada unha das 3 xoias que poderán ser tanto para home como para muller.
Moda:As coleccións deben ser orixinais.
Os/as participantes presentarán:
Unha colección coherente de 5 modelos de home ou muller. Terá que definir o tecido utilizado e os complementos para cada un dos modelos presentados. Presentaranse estes deseños en láminas de formato DIN A-3 (297 mm x 420 mm), con deseño de fronte e de costas.
Ficha técnica da colección e mostras dos tecidos que se empregarán na súa confección.
DOG do 7 de xuño de 2013 e en https://sede.xunta.es co procedemento BS310Q
Mais Información

No hay comentarios: