jueves, 27 de junio de 2013

Prazas nas residencias xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude


residenciaflorentinoA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca 225 prazas para mozos e mozas,  nas súas residencias xuvenís para o curso académico 2013/2014, no réxime de internado.
As prazas ofértanse tanto para mozas e mozos estudantes como traballadoras/es.
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2013 e o 31 de xullo de 2014.
Prazas:Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 76 prazas
Ourense: Florentino L. Cuevillas. 55 prazas
Vigo: Altamar. 94 prazas.
Do total de prazas resérvase un 9% para mozos e mozas que desempeñen unha actividade estatutaria, funcionarial ou laboral, tanto se é por conta propia como allea:
Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 7 prazas
Ourense: Florentino L. Cuevillas. 5 prazas
Vigo: Altamar. 8 prazas.
Requisitos para mozos e mozas estudantes:
Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 na data do 31 de decembro de 2013.
Cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, de bacharelato, de ciclos formativos de grao superior, estudos universitarios tendentes á obtención de título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
Que no concello onde radique a súa residencia familiar non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia familiar.
Requisitos para mozos e mozas traballadores/as:
Que o lugar de traballo teña o enderezo nunha provincia distinta ao lugar de residencia familiar da persoa solicitante.
No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, terá que ter unha duración mínima de 9 meses contado desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, cunha anticipación mínima de 3 meses á publicación da presente convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de xullo de 2013.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedementos BS303B, BS303D
Máis información no DOG do 27 de xuño de 2013.
Residencias:
Lugo:
http://xuventude.xunta.es/residencia-de-lugo.html
Ourense:
http://xuventude.xunta.es/residencia-de-ourense.html
Vigo:
http://xuventude.xunta.es/residencia-de-vigo.html

No hay comentarios: