lunes, 3 de junio de 2013

Cursos de lingua árabe con inmersión cultural e actividades en Tetuán (Marrocos)


idioma_arabe(Estes cursos se convocan todos os anos, variando as quendas)
Os cursos serian de dous niveis: "inicial", para alumnos sen coñecemento ningún da lingua árabe; e "medio", para alumnos con nivel de 1º ou 2º de Filoloxía Árabe, 1º ou 2º de Escola Oficial de Idiomas ou similares, curso práctico especialmente dirixido á conversación en árabe culto moderno. Máximo de 15 alumnos por curso.
Solicitudes dirixidas a: institutoandalusi@gmail.com
Prazo de solicitude: 15 días antes do inicio do curso ou ata completar as prazas. As quendas de agosto poden pedirse a partir do 3 de xuño.
Quendas de 2013:
Do 24 ao 30 de marzo. Do 11 ao 17 de agosto.  Do 18 ao 24 de agosto
Clases de luns a venres, de 9 a 13 horas, en Dar Loughat.
O grupo concentrarase o domingo, no porto de Tarifa (Cádiz), ás 4 da tarde, para saír no transbordador das 5 da tarde con destino ao porto de Tánxer. A volta, o sábado pola mañá dende o porto de Tánxer con destino Tarifa. Recollida de billetes ida e volta a nome de cada un, mais ficha de entrada (branca) e saída (amarela) no mostrador da navieira, situado na entrada das oficinas do porto.
A chegada será sobre as 6 da tarde ao porto de Tánxer (as cinco en Marrocos), onde estará Zayd Benaboud (Director do centro DAR LOUGHAT) ou un representante, para recollervos e trasladarvos ao Hotel de Tetuán e responder a cantas dúbidas teñades.
Actividades organizadas por DAR LOUGHAT:
Todos os días, de 9 a 13 horas, clases de lingua árabe.
Luns tarde: Descubrir a Medina de Tetuán: 500 anos de Hª Conferencia e visita guiada. Gratis
Martes tarde: Os Costumes e tradicións andalusíes das familias tetuaníes: Vestimento, gastronomía e festas. Mércores tarde: Un paseo polas montanas do Rif (inverno) ou tarde nas praias virxes (verán) en transporte público.
Xoves tarde: Conferencia e taller de caligrafía árabe.
Venres tarde: Excursión a Chefchaouen, cea e festa de despedida con música local e entrega de diplomas.
Máis información en www.institutoandalusi.es

No hay comentarios: