viernes, 7 de junio de 2013

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE-XUNTA DE GALICIA (SAN CAETANO, Santiago de Compostela)


 A Consellería de Sanidade centraliza nun único organismo, o Centro
de Transfusión de Galicia (CTG), o procesamento e distribución dos
compoñentes sanguíneos as 24 horas do día a todos os hospitais de
Galicia. O obxectivo final é poder levar a cabo, todos os días do ano,
a actividade asistencial programada e atender as urxencias que precisan
dunha transfusión deste líquido vital.
 O sangue é un elemento que non se pode fabricar ni improvisar e todos
os días do ano o necesitan moitas persoas que van a ser sometidas a
intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais,
que padecen anemias, hemorraxias, enfermidades crónicas, cancro,
leucemias, que van a ser sometidas a transplantes de órganos... 
No ano 2013 os Hospitais Galegos precisan máis de 121.000 doazóns
de sangue para desenvolver o seu labor asistencial e lograr que moitas persoas
poidan recuperar a súa saúde.
 Se queres participar podes acudir á unidade móbil de doazón de sangue
situada nas dependencias da Xunta de Galicia (San Caetano), que estacionará
diante da cafetería das 9:30 ás 14:30 horas os días  10, 11 e 12 de XUÑO (luns,
martes e mércores).
 Se tes algunha dúbida, infórmate no Centro de Transfusión de Galicia:
900 100 828  (liña gratuíta de 8:00 a  15:00  horas) e na WEB: ctg.sergas.es
SANGRE

No hay comentarios: