lunes, 10 de junio de 2013

Programa Xplora Xuventude


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no marco do programa Xplora Xuventude,  vai desprazar unha carpa informativa a 40 concellos galegos para dar a coñecer e proporcionar asesoramento sobre os recursos e os programas que ten en marcha para todos os mozos e mozas de Galicia nos diferentes ámbitos: programas Iniciativa Xove e Xuventude en Acción, voluntariado xuvenil e ambiental, axudas para a obtención do carné de conducir, Galeuropa e outros programas de mobilidade xuvenil, servizo Quérote +, Carné Xove e outros carnés destinados á mocidade,.., entre outros.
Este programa ten como finalidade potenciar o coñecemento e a participación da mocidade galega nas accións que se desenvolven por e para ela dende a dirección xeral; estará operativo durante os meses de xullo, agosto e setembro, meses durante os cales se desprazará a carpa por todos os concellos que o teñan solicitado, despregándose tamén os medios técnicos necesarios e persoal informador e coñecedor de todos os programas que se están a desenvolver. O prazo de inscrición estará aberto dende o 10  ata o 21 de xuño.
O Concello que queira inscribirse, terá que facelo cubrindo este formulario.
Para calquera dúbida ou para ampliar a información, poderase contactar a través dos teléfonos:  981544866/981957057 ou do enderezo electrónico: institutoxuventude.ctb@xunta.es

No hay comentarios: