martes, 25 de junio de 2013

Axudas á incorporación de mozos á actividade agraria

vacaA Consellería do Medio Rural e do Mar convoca axudas para á incorporación de mozos á actividade agraria.
Poderán ser beneficiarios/as os mozos/as titulares de explotacións ou que pretendan selo e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Posuír, no momento da súa instalación, o nivel de capacitación profesional suficiente.
b) Instalarse nunha explotación agraria que requira un volume de traballo equivalente polo menos a unha UTA ou acadar esta condición nun prazo máximo de dous anos desde a súa instalación.
c) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos.
d) Cumprir a explotación as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, no prazo máximo de dous anos desde a instalación do/a mozo/a.
e) Ter cumpridos os 18 anos e ser menor de 40 anos de idade no momento da solicitude de axuda.
f) No caso de instalarse nunha explotación prioritaria, acadar a condición de agricultor profesional.
O prazo para presentar solictudes estará aberto ata o 22 de xullo de 2013.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento MR404A
Mási información no DOG do 21 de xuño de 2013 e en http://mediorural.xunta.es

No hay comentarios: