miércoles, 19 de junio de 2013

VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS - SÁLVORA E CORTEGADA



A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha este verán un novo programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas.


Nesta ocasión o programa de voluntariado desenvolverase nas Illas de Sálvora e Cortegada e nace co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional.

As actividades a realizar polos participantes no programa están establecidas polos técnicos do propio Parque Nacional, e centraranse especialmente na limpeza de praias e na erradicación de plantas invasoras.

O programa desenvolverase nunha xornada en grupos de 8 voluntarios do seguinte xeito:

Os martes de xullo e agosto: Cortegada (saída ás 12:00h e regreso ás 19:00h. Hai que ter en conta que este poderá variar dependendo das mareas).

Os xoves de xullo e agosto: Sálvora (saída ás 10:00h e regreso ás 18:00h).

O PROGRAMA INCLÚE:
1. Manutención.
2. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Os voluntarios/as deberán desprazarse por conta propia ata o punto de encontro desde onde serán recollidos en barco para o seu traslado ás illas.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade ou ter cumpridos os 16 anos con autorización paterna, materna ou do titor . As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta que:
-A indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar.
-Deben levar unha mochila.

Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Formulario de inscrición http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=111#forsux

No hay comentarios: