sábado, 8 de junio de 2013

A Consellería de Cultura e Educación implantará por primeira vez a FP a distancia o vindeiro curso no CIFP a Carballeira-Marcos Valcárcel, no que se impartirán 5 novos ciclos

Deste xeito o departamento educativo da Xunta de Galicia cumpre co seu compromiso de reforzar a oferta do centro tras a conversión en Centro Integrado de Formación Profesional

Por primeira vez ofertaranse en Ourense ensinanzas da familia profesional da Química
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, implantará o vindeiro curso 2013/2014 por primeira vez a Formación Profesional a distancia no CIFP 'A Carballeira-Marcos Valcárcel', cumprindo así o compromiso de reforzar a súa oferta de ciclos formativos tras a súa conversión en Centro Integrado de Formación Profesional.
En concreto, o CIFP 'A Carballeira-Marcos Valcárcel' ofertará para o vindeiro curso na modalidade a distancia o ciclo de grao superior de Desenvolvemento de aplicacións web, da familia de informática e comunicación. Así mesmo, e xa na modalidade presencial, o centro incorporará os ciclos de grao superior en Documentación sanitaria, Hixiene bucodental e Laboratorio de análise e de control de calidade e o ciclo de grao medio de Laboratorio. Estes dous últimos ciclos teñen unha especial importancia porque por primeira vez na provincia de Ourense se ofrece ensinanzas da familia profesional da Química.
Esta nova oferta suporá un incremento de 146 prazas no centro, o que demostra o acertado da súa conversión en CIFP para dar resposta ao crecente interese das galegas e galegos na FP.

No hay comentarios: