jueves, 6 de junio de 2013

Bolsas de formación e de prácticas en Medio Rural e do Mar

MarA Consellería do Medio Rural e do Mar convoca 71 bolsas de prácticas:
Bolsas de formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación
Bolsas de prácticas para os recentemente titulados en especialidades agrarias, forestais, veterinaria, tecnoloxía dos alimentos e biología.
Bolsas de prácticas para alumnos e recentemente titulados de formación profesional da familia agraria:
16 bolsas de formación de tecnólogos:
2 bolsas para licenciado en Enoloxía.
2 bolsas para licenciados en Ciencias Químicas.
2 bolsas para licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.
2 bolsas para enxeñeiros agrónomos.
2 bolsas para enxeñeiros técnicos agrícolas.
2 bolsas para enxeñeiros de montes.
2 bolsas para enxeñeiros técnicos forestais.
2 bolsas para licenciados en Bioloxía.
14 bolsas de formación de persoal de apoio á investigación:
2 bolsas para o ciclo superior de Industria Alimentaria.
3 bolsas para o ciclo medio de Elaboración de Viño e Outras Bebidas.
2 bolsas para os ciclos formativos de grado medio e/ou superior da familia Agrária.
7 bolsas para os ciclos formativos de grado medio e/ou superior da familia Química.
9 bolsas de prácticas ás cales poderán optar estudantes do 2º curso ou recentemente titulados en ciclos da familia Agraria.
7 bolsas de prácticas para os alumnos do primeiro curso dos ciclos da familia Agraria, nos centros de formación e experimentación agroforestal, dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.
24 bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, así como en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, para os recentemente titulados como enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en Veterinaria, licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Licenciados en Bioloxía.
As bolsas para a formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación terán unha duración de catro meses, no período de xullo a novembro. O seu importe económico, por mes de prácticas, será de 1.000 € para os tecnólogos e de 800 € para o persoal de apoio.
As bolsas de prácticas nos centros de formación e experimentación agroforestal para os titulados e alumnos de segundo curso en ensinanzas de formación profesional terán unha duración de tres meses, no período de xullo a outubro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 800 €.
As de alumnos do primeiro curso do ciclo formativo terán unha duración de 2 meses, no período de xullo a setembro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 600 €.
As bolsas de prácticas para os recentemente titulados en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes terán unha duración de tres meses, no período de xullo a outubro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 1.000 €.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de xullo de 2013.
Pódese tramitar a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.es co procedemento MR322C
Máis información no DOG do 6 de xuño de 2013 e en http://mediorural.xunta.es

No hay comentarios: