lunes, 17 de junio de 2013

VOLUNTARIADO AMBIENTAL PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS 2013



Un ano máis a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colabora coa Dirección Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural para poñer en marcha este verán un programa de voluntariado ambiental de prevención e defensa contra os incendios forestais.
O programa desenvolverase en quendas de 5 días e está concibido como un campo de traballo, no que grupos de 8 persoas voluntarias xunto cun monitor realizarán diferentes actividades de sensibilización e información sobre a necesidade de coidado e preservación da masa forestal.

Os obxectivos do programa son:

-Promover unha campaña de sensibilización e información no coidado dos nosos montes.
-Colaborar na vixilancia dos montes de Galicia.
-Reforzar a idea da necesidade de conservar os nosos recursos forestais.
-Fomentar unha actitude de prevención de riscos nos nosos montes.
-Promover mecanismos que incidan en actitudes de persuasión fronte ao descoido ou a irresponsabilidade no monte.

As actividades a realizar polos participantes no programa foron establecidas pola Dirección Xeral de Montes, cuxos técnicos intervirán ademais cunha charla de FORMACIÓN aos voluntarios. Unha vez realizada a formación as persoas voluntarias comezarán a súa labor, que inclúe a realización das seguintes ACTIVIDADES:

- Vixilancia ambiental.
- Visitas ás poboacións próximas para facer unha campaña de sensibilización sobre a importancia da conservación da masa forestal.
- Fixación de rutas de sendeirismo.
- Control de especies invasoras.
- Colaboración na restauración áreas incendiadas.
- Localización e control de vertedoiros incontrolados.
- Limpeza de ríos e caracterización dun tramo de río.
- Limpeza e desbroce de cortalumes.
- Actividades culturais vinculadas cos montes en colaboración cos concellos de referencia.

O PROGRAMA INCLÚE:
1. Aloxamento e pensión completa nun albergue.
2. Programa de actividades e monitores.
3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

O desprazamento ata o punto de queda será por conta dos participantes.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no momento da súa participación. As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta:

-A indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar, e han de levar a súa propia roupa de cama (saco/sabas) e os seus utensilios persoais de aseo.

-Sería conveniente que os participantes levasen así mesmo un par de prismáticos.

Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado de acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrito como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

PARTICIPANTES E INSCRICIÓNS
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse cubrindo o formulario de participación.

LUGARES E DATAS:

SANTIAGO DE COMPOSTELA (Centro Don Bosco): do 15 ao 19 de xullo, do 29 de xullo ao 2 de agosto, do 5 ao 9 de agosto, e do 26 ao 30 de agosto.

ALLARIZ (Albergue Arnoia): do 5 ao 9 de agosto, do 12 ao 16 de agosto, do 19 ao 23 de agosto e do 26 ao 30 de agosto.

CELANOVA (Albergue Municipal de Celanova): do 1 ao 5 de xullo e do 8 ao 12 de xullo.

CAMBADOS (Albergue Pazo Serantellos): do 1 ao 5 de xullo, do 5 ao 9 de agosto, do 19 ao 23 de agosto e do 26 ao 30 de agosto.

RIÓS (Centro de Interpretación da Castaña): do 8 ao 12 de xullo, do 15 ao 19 de xullo, do 29 de xullo ao 2 de agosto, do 12 ao 16 de agosto e do 19 ao 23 de agosto.

BÓVEDA (Hostal Chamouco): do 1 ao 5 de xullo, do 8 ao 12 de xullo, do 15 ao 19 de xullo, do 29 de xullo ao 2 de agosto e do 12 ao 16 de agosto.

Centro Don Bosco
Rúa Belvís, 2
15703--‐Santiago de Compostela
Tlfno. 981 582243

Albergue Arnoia
Carretera de Xunqueira nº7,
s/n 32660--‐Allariz
(Ourense)
Tlfnos. 988 441140 988 440028

Albergue Pazo Serantellos
Serantellos, 1
36639--‐Castrelo/Cambados/Pontevedra
Tlfno. 986 542750

Centro de Interpretación da Castaña
Pobo de Trasestrada,
Barrio de Igrexa, s/n
Riós

Albergue Municipal de Celanova
Estrada de Celanova nº5
32800--‐Celanova

Hostal Chamouco (ao lado do concello)
C/Alfonso XIII, nº79
27340-Bóveda - Lugo

Formulario de inscrición:
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=110#forsux

No hay comentarios: