miércoles, 5 de junio de 2013

Foro abrindo fronteiras de cambio




A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Xoves Empresarios (Fegaxe-Aje Galicia)  organiza o foro de emprendemento transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal "Abrindo Fronteiras de Cambio".ABRINDO_FRONTEIRAS_LOGO
O foro é unha actividade do proxecto Emprende, financiado ao abeiro do Programa de Cooperación  Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal 2007-1013 (POCTEP), que ten por obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para a mocidade. 
 A finalidade deste foro é potenciar o emprendemento poñendo de manifesto as ferramentas e accións para desenvolver todo o potencial das iniciativas e dos proxectos emprendedores galegos e portugueses. Pretendese establecer lazos fortes entre emprendedores de ambos dous territorios e cubrir as necesidades, descubrir as oportunidades e intercambiar experiencias e coñecemento .
 Neste momento no que todo cambia e no que é máis necesario abrir novos camiños ofrécese un punto de encontro e transferencia de coñecemento no que emprendedores de Galicia e Portugal poidan disfrutar  dunha oportunidade de expansión, de crecemento, de intercambio ou simplemente de propostas e aprendizaxe sen fronteiras.
 Obxectivos
 -Ser vehículo canalizador e de intercambio de ideas e proxectos
-Ser espazo de intercambio de sinerxías e coñecementos empresariais entre Galicia e     Norte de Portugal
-Poñer en contacto emprendedores con necesidades comúns en ambos os dous países
-Dotar de ferramentas útiles aos asistentes para desenvolver proxectos emprendedores nos seus respectivos ámbitos e fóra deles.
- Facilitar un espazo para que inversores e empresarios poidan  asesorar, escoitar e analizar ideas emprendedoras ou empresas un pouco máis consolidadas
-Poñer en valor  a mobilidade entre Galicia e Portugal con posibilidades de inversión ou financiación de proxectos en ambos países
-Rondas de networking sectoriais onde aproveitar sinerxías e contactos útiles para cada uno dos axentes implicados no emprendemento
 Metodoloxía
 Para este evento pretendemos usar unha metodoloxía mixta que permite o intercambio de coñecemento e de ideas pero tamén a exposición e cobertura de necesidades dos emprendedores presentes así como as posibilidades de contacto con inversores nos seus proxectos en Galicia e en Portugal.
 Para acadar este fin usaremos un método que combine encontros exprés entre inversores e emprendedores, mesas redondas onde se trate o emprendedurismo desde os dous lados da fronteira galego-portuguesa  e ponencias específicas onde se expoña a experiencia e as necesidades destes emprendedores.
 O  público asistente será emprendedores de Galicia e do Norte de Portugal así como inversores e empresarios dispostos a escoitar estes proxectos e agrupados en redes de inversores de ambos os dous países. O perfil principal virá limitado polos proxectos presentados na plataforma Emprendemento Xuventude que abarcarán desde novas iniciativas ata empresas con 1 ou 2 anos de vida.
 Inscrición
O foro é gratuíto para tódolos participantes, ata cubrir o aforo
Para poder participar é obrigatorio a inscrición, enviando un correo  ao seguinte enderezo:   gerencia@fegaxe.com ou chamando ao teléfono 608 905 804.
Data e lugar: día 11 de xuño de 2013 en Pontevedra no Hotel Galicia Palace, Avenida de Vigo, nº 3, Pontevedra

No hay comentarios: