jueves, 15 de marzo de 2012

"Xuventude no mundo 2012"

A titular de Benestar indicou que neste 2012 está previsto que máis de 2.300 mozos e mozas galegos participen nos distintos programas de mobilidade que xestiona a Consellería, o que vén demostrar que a mobilidade xuvenil “é unha prioridade nas nosas políticas de xuventude”, polo que se sitúa como un dos nove eixes de acción do ‘Plan Estratéxico de Xuventude 2010-2013’.
A visita dos mozos e mozas procedentes de Xapón “contribúe a fortalecer os lazos que desde hai quince anos levan desenvolvendo as rexións de Galicia e Wakayama, cando se firmou un documento de irmandamento entre o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo, o seu itinerario de peregrinación, dúas rutas consideradas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO”.

No hay comentarios: