martes, 20 de marzo de 2012

Probas obtención título ESO para maiores18 anos


Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2012.

 

Condicións das persoas aspirantes.
-Poderanse inscribir para a realización das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan cumpridos dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
-As persoas solicitantes que estean matriculadas de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas (nivel II das modalidades presencial ou a distancia) ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial deberán presentar ante a dirección do centro correspondente a renuncia ao dereito a seren avaliadas pola matrícula oficial. A renuncia realizarase con anterioridade á presentación da solicitude de matrícula nas probas libres, xuntando á folla de inscrición unha copia da devandita renuncia. O incumprimento deste requisito suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
-As persoas que, estando matriculadas de forma oficial nalgunha das ensinanzas citadas no punto anterior, se presenten á convocatoria extraordinaria de setembro de 2012 en calquera centro educativo non poderán inscribirse na proba para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria no mes de setembro, aínda que presentasen a súa renuncia á matrícula oficial.

Contidos da proba.
a) Ámbito da comunicación. Inclúe exercicios das materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira (inglés ou francés).
b) Ámbito científico-tecnolóxico. Inclúe exercicios das materias de matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da educación física.
c) Ámbito social. Inclúe exercicios das materias de ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de educación plástica e visual, e música.

Centros e lugares de celebración das probas.
a) Provincia da Coruña:
-Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, 3, A Coruña.
-IES Rafael Dieste, prol. Manuel Murguía/esq. Rda. Outeiro, A Coruña.
-Centro EPA de Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, Ferrol.
-IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, Santiago de Compostela.
-IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, Santiago de Compostela.
b) Provincia de Lugo:
-Centro EPA de Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, Lugo.
c) Provincia de Ourense:
-Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, Ourense.
d) Provincia de Pontevedra:
-Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, s/n, Pontevedra.
-IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria, Pontevedra.
-Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1.o, Vigo.
-IES Politécnico, rúa de Torrecedeira, 88, Vigo.
-IES Santa Irene, praza de América, 7, Vigo.

Inscrición.
A solicitude de inscrición axustarase ao modelo que figura no anexo I desta resolución e presentarase na secretaría dun único centro dos mencionados no punto terceiro desta resolución. Xunto con ela, achegarase a seguinte documentación:
● Fotocopia do DNI ou pasaporte, ou doutro documento equivalente.
● Solicitude, se procede, de exención de lingua galega. Nese caso, o/a aspirante achegará o anexo II.
● As persoas que soliciten o recoñecemento de necesidades especiais deberán entregar o anexo IV. Xuntarán a autorización para a consulta do ditame de discapacidade no caso de que esta fose recoñecida polo órgano competente da Xunta de Galicia.
● Copia cotexada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados.
No caso das cidades onde hai máis dun tribunal, o alumnado deberá matricularse atendendo á primeira letra do seu primeiro apelido na sede que se indica a continuación:
a) A Coruña:
– Da letra A á letra L: centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, 3.
– Da letra M á letra Z: IES Rafael Dieste, prol. Manuel Murguía/esq. Rda., Outeiro.
b) Santiago de Compostela:
– Da letra A á letra L: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n.
– Da letra M á letra Z: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3.
c) Pontevedra:
– Da letra A á letra L: centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, s/n.
– Da letra M á letra Z: IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria.
d) Vigo:
– Da letra A á letra F: centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1.o.
– Da letra G á letra O: IES Politécnico, rúa de Torrecedeira, 88.
– Da letra P á letra Z: IES Santa Irene, praza de América, 7.

Os prazos de matrícula serán:
-Convocatoria de abril: 20 ao 30 de marzo, ambos os dous incluídos.
-Convocatoria de setembro: o 3 e o 4 de setembro.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Data e normas de realización.
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 27 de abril e 13 de setembro para as respectivas convocatorias.
Entre as 8.30 e as 9.00 horas iniciarase o chamamento para acceso aos espazos de realización da proba.
A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.30 horas, realizaranse as probas do ámbito científico-tecnolóxico; na segunda, das 12.30 ás 14.00 horas, realizarase a proba do ámbito social.
Na sesión da tarde, das 16.00 horas ás 19.45 horas, realizaranse as probas do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:
a) Lingua galega e literatura.
a.1) Exercicio de redacción.
O tribunal elixirá un tema para llelo propor ás persoas aspirantes. O tema elixido debe ser preferentemente de interese social ou cultural e de ampla difusión.
O tempo para a realización deste exercicio será de corenta e cinco minutos como máximo.
a.2) Cuestións de lingua galega e literatura.
O tempo para a súa realización será de corenta e cinco minutos.
b) Lingua castelá e literatura.
b.1) Exercicio de redacción. O tempo para a súa realización será de corenta e cinco minutos.
b.2) Cuestións de lingua castelá e literatura. O tempo será de corenta e cinco minutos.
O tempo para a súa realización será de corenta e cinco minutos.
Para a realización das probas, as persoas inscritas acreditarán a súa identidade presentando o DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.
Na proba do ámbito científico-tecnolóxico, o alumnado poderá utilizar as calculadoras
científicas habituais non programables.

Máis información: DOG 20 marzo 2012

Fonte: http://www.xuventudevigo.org/nova/index.php/estudante/49-web/4494-probas-obtencion-titulo-eso-para-maiores18-anos

No hay comentarios: