viernes, 9 de marzo de 2012

Programa Conecta




programaconectaA Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o Programa Conecta. Conecta é a plasmación dos eixes transversais do Plan Estratéxico de Xuventude 2013 e desenrolase a través de 9 encontros territoriais enfocados ao emprendemento xuvenil e a un eixe do plan e un último encontro internacional estructurado nas nove temáticas que contempla o plan.
O programa CONECTA xorde como elemento de vinculación entre grupos e asociacións xuvenís e líderes xuvenís, de enlace entre a mocidade e o movemento asociativo, de nexo entre mozos e mozas e as oportunidades de emprego e emprendemento de cada comarca da comunidade galega, de relación entre a mocidade e as ferramentas das que dispón, de urdime que cree e empodere un tecido asociativo xuvenil forte e dinamizado. Nace, en definitiva, como ferramenta de conexión entre o colectivo xuvenil e as variables que dunha ou outra maneira lles poden afectar ou ser de interese.
A Dirección Xeral de Xuventude pretende, en cada unha das iniciativas que leva a cabo, converter á mocidade en protagonista dos programas, actividades e proxectos das que son obxecto principal, así como potenciar actitudes creativas e emprendedoras procurando a máxima participación dos mozos e mozas galegas no desenvolvemento daquelas propostas nas que son parte implicada.
A promoción e potenciación do movemento asociativo vinculado á xuventude son unha prioridade clave; entendendo a participación como mecanismo de aprendizaxe non formal, opción de ocio educativo e de desenvolvemento de actitudes cívicas e persoais determinantes para o futuro do colectivo xuvenil.
Estes eventos son asemade unha ferramenta idónea de difusión entre a mocidade de recursos e programas enfocados á xuventude.
Obxectivos Prioritarios:
  • Dinamizar e impulsar a participación xuvenil.
  • Fomentar o asociacionismo xuvenil.
  • Crear puntos de encontro a nivel territorial onde a mocidade poida compartir as súas experiencias.
  • Mellorar as canles de comunicación e diálogo entre as entidades xuvenís e institucións públicas.
  • Promover o espírito emprendedor como medio de xeración de emprego.
  • Dar voz á mocidade para mellorar a eficiencia dos programas e políticas destinados a xuventude.
  • Garantir a igualdade de oportunidades sen distinción de sexo, clase ou condición.
  • Achegar aos estudantes á demanda de traballadores das empresas e aos novos nichos de mercado.

Axenda de encontros

1 Campus Emprende: o poder das ideas
Lugar: Facultade de Xornalismo da USC
Data: sábado 24 de marzo
Compartindo ideas. Foro aberto Universitario: “o emprendemento xuvenil como modelo de futuro”.
 
2 Crea Interior: miradas cara adentro
Lugar: Vila de Cruces
Data: Sábado 14 de abril
Cultura, tradición, ocio, creatividade e emprendemento: o futuro dos concellos do interior nas mans da xuventude.
 
3 Iniciativa e emprendemento
Lugar Ferrol
Data: sábado 5 de maio
Inicia e emprende o camiño do teu futuro.

4 Muller e xuventude: cara a igualdade efectiva a través do emprendemento
Lugar: Espazo Xove de Ourense
Data: Sábado 19 de maio
Mesmos dereitos, mesmas oportunidades, éxito conxunto.
 
5 Xuventude rural e emprendemento
Lugar: Casa da Cultura de Burela
Data: domingo 27 de maio
Terra e mar, fonte de oportunidades e de emprendemento xuvenil.
 
6 Actívate e emprende
Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira
Data: sábado 9 de xuño
Lecer e tempo libre, un primeiro paso para o emprendemento.

7 Emprendemento social no mundo do motor
Lugar: Concello de Melide (varias localizacións)
Data: 23 de xuño
Quentando motores, o teu km 0 cara o emprendemento.
 
8 Crea e descubre
Lugar: Centro Sociocultural de Ponteceso
Data: 6 de xullo
Historia, turismo e artesanía como forma de emprendemento.
  
9 O voluntariado como primeira vía para emprender
Lugar: Finca Briz, concello de Marín
Data: sábado 21 de xullo
Encontro aberto para achegar a mocidade ó voluntariado como inicio da cultura emprendedora.

Congreso Internacional de Xuventude.
A Coruña
Data: 28 e 29 de setembro.

No hay comentarios: