lunes, 19 de marzo de 2012

Curso práctico sobre territorio e paisaxe de Galicia


Contido:
-Achegar ao alumnado o contido da nova Guía de estudos de impacto e integración paisaxística.
-Describir os aspectos máis destacados das Directrices de Ordenación do Territorio e do Plan de Ordenación Territorial.
-Influencia dos documentos anteriores e exixencias na tramitación administrativa da avaliación ambiental de proxectos.
-Coñecer a estrutura e o funcionamento do Instituto de Estudos do Territorio.
Contidos.
Directrices de ordenación do territorio (DOT) e Plan de Ordenación do Litoral (DOT). Avaliación de impacto ambiental. Recomendacións na tramitación administrativa da avaliación ambiental de proxectos. Guía de estudos de impacto e integración paisaxística. Catálogos de paisaxe e directrices de paisaxe. Ferramentas de xestión dixital para a representación e o deseño gráfico, aplicadas a proxectos de paisaxe. Taller de proxectos I e II.

Destinatarios.
-Persoal da Administración local e autonómica de Galicia, que queiran formarse na aplicación práctica destes documentos.
-Técnicos que participen na redacción de proxectos, que queiran ampliar os seus coñecementos sobre as DOT, o POL e coñecer a nova Guía de estudos de impacto e integración paisaxística.
-Estudantes universitarios que desexen completar a súa formación en temas ambientais.

Desenvolvemento.
Este curso desenvolverase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) os días 26 e 27 de marzo de 2012.
Duración: 17 horas lectivas, en horario de mañá e tarde das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas.

Solicitudes.
Inscrición e pagamento de dereitos no Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia (http://www.ciccpgalicia.es)

Prazo.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o xoves 22 de marzo de 2012.

Certificado de asistencia.
Será entregado un certificado de asistencia a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 85% das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa o contido, a data e o lugar de realización deste curso, así como a súa puntuación.
Máis información: DOG 15 marzo 2012

Documentos asociados:
  • 2012-03-15 díptico curso paisaje.pdf
  • 2012-03-15 boletín curso paisaje.pdf


No hay comentarios: