lunes, 26 de marzo de 2012

Deseño do cartel do Festival internacional do mundo celta do ano 2012

 


O Concello de Ortigueira recorre, por cuarta vez na súa recente historia, a un  internacional de carteis para buscar o deseño creativo máis potente á hora de promocionar a próxima edición do certame folk, que terá lugar entre o 12 e o 15 de xullo do 2012.
Establécese un premio único de 1.500 €
O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 2 de abril de 2012.
O asunto das obras presentadas deberá referirse ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira en calquera dos seus aspectos. O autor/a intentará plasmar na proposta feitos ou referencias do Festival.
Estará destinado a ser utilizada como imaxe oficial do certame na campaña de publicidade.
Os traballos haberán de ser orixinais e inéditos, non tendo sido presentados a outros concursos.
As obras a concurso serán presentadas exclusivamente en soporte dixital e impresas, se ben serán de concepción e técnicas libres. Non se admitirán obras presentadas en sistemas non dixitais como acuarelas, óleos, plumillas, etc. No caso de realizarse nestas técnicas, as obras deberán presentarse en formato e soporte dixital.
Os carteis presentaranse montados a sangue sobre cartón pluma ou soporte ríxido, de 1 cm. de espesor, sen cristal protector nin marco. O seu formato será vertical e o tamaño será de 50 cm. de ancho x 70 cm. de altura.
Máis información en www.festivaldeortigueira.com

No hay comentarios: