sábado, 17 de marzo de 2012

Exposición sobre os Lagares Rupestres.



A Exposición sobre os achádegos de Lagares Rupestres  inaugurouse o 3 de marzo no Castelo de Santa Cruz en Oleiros (A Coruña) e rematará no próximo 28 de marzo.
A exposición, organizada por Luís Paadín, refrexa o estudio realizado na localización dunha vintena de lagares espallados pola xeografía galega, nun tentativa de divulgación da súa existencia, íntimamente ligada ao orixe da vitivinicultura.
A mostra constitúe unha achega a estas “estruturas históricas” para coñecer como eran, seu funcionamiento, así como a morfoloxía e uso dos atopados ata a data. Colabora nesta iniciativa o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, que desenvolve diversas actividades no incomparable marco do Castelo de Santa Cruz. A AGV colaborará na continuación desta exposición noutros lugares do país. Para saber máis podes carregar acá Lagares Rupestres

Lagares atopados en Oimbra (Ourense).
Luís Paadín. (As fotos dos lagares son de Luís Paadín).




No hay comentarios: