martes, 13 de marzo de 2012

Programa mocidade en formación


INSCRICIÓNS E RESERVAS: www.vidalactea.com/formacion
PRAZO DE INSCRICIÓN: O prazo de inscrición comeza a partires do 5 de marzo e rematará 7 días antes de cada acción formativa.

ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS:
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles no programa.
Cancelarase a acción formativa se non hai un número mínimo de participantes.
No prazo máximo de 5 días desde o envío da solicitude, recibiredes un correo electrónico no que se vos confirmará, de ser o caso, a adxudicación de praza e o número de conta bancaria para realizar o ingreso.

DOCUMENTACION:
Desde o día no que se vos confirme por correo electrónico a adxudicación da praza, teredes un prazo de 48 horas para enviar ao enderezo electrónico correspondente a seguinte documentación:
Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participación.
Fotocopia escaneada do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
Cuestionario médico - sanitario (anexo que se mandara por email ).
Declaración responsable de que sabe nadar (anexo que se mandara por email ).
Fotocopia do Carné Xove, de ser o caso.
Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas da listaxe de reserva.

ACCIÓN FORMATIVAS (por orde cronolóxica):
INICIACIÓN Á MONTAÑA INVERNAL (León). Con carné xove: 175,00 € Sen carné xove: 195,00€
TÉCNICAS ARTÍSTICAS NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 58,25 € Sen carné xove: 67,00 €
CURSO DE TÉCNICAS BÁSICAS DE ESCALADA EN ROCÓDROMO NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 71,30 € Sen carné xove: 82,00 €
CURSO DE INICIACIÓN Á VELA E AO WINDSURF (Vilagarcía de Arousa). Con carné xove: 95,00 € Sen carné xove: 110,00 €
CURSO DE TÉCNICAS BÁSICAS DE ESCALADA EN ROCHA NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 71,30 € Sen carné xove: 82,00 €
CURSO DE ACTIVIDADES CON OLAS (Carnota). Con carné xove: 100,00 € Sen carné xove: 115,00 €
CURSO DE DEPORTE E NATUREZA NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 62,61 € Sen carné xove: 72,00 €
CURSO DE TÉCNICAS BÁSICAS DE SENDEIRISMO NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 58,25 € Sen carné xove: 67,00 €
CURSO DE INTERPRETACIÓN NATURAL E CULTURAL CON RAPACES E RAPAZAS (Lugo). Con carné xove: 58,25 € Sen carné xove: 67,00 €
LEXISLACIÓN XUVENIL: NOVAS CONCEPCIÓNS NA LEXISLACIÓN GALEGA (Lugo). Con carné xove: 21,74 € Sen carné xove: 25,00 €
LECER E DISCAPACIDADE NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 58,25 € Sen carné xove: 67,00 €
CURSO DE DINAMIZACIÓN DE COMEDORES (Lugo). Con carné xove: 53,91 € Sen carné xove: 62,00 €
AXILIDADE FÍSICO-DIVERTIDA NO TEMPO DE LECER DAS PERSONAS MAIORES (Lugo). Con carné xove: 53,91 € Sen carné xove: 62,00 €
CURSO DE DINAMIZACIÓN INFANTIL EN CENTROS HOSPITALARIOS (Lugo). Con carné xove: 62,61 € Sen carné xove: 72,00 €

INCORPORACIÓN:
A incorporación será por conta do interesado nas datas e horas indicadas en cada curso.

PARTICIPANTES:
Entre 20 e 40 prazas.

PROMOCIÓNS CARNÉ XOVE.
Expresadas en cada curso (ata un 15%).

INCLÚE:
Estancia
Aloxamento habitacións de uso doble ou triple en réxime de Pensión completa.
Material persoal ( traxe de neopreno , licra identificativa , chaleco, materiais de escalada, todo tipo de materiais deportivos, carpeta e bolígrafo, ...)
Actividades específicas para cada programa.
Claustro de profesores de primeiro nivel.
Equipo de monitores de apoio.
Seguro de responsabilidad civil

PARA MÁIS INFORMACIÓN:
www.vidalactea.com/formacion
Información e reservas : formació n@vidalactea.com
Teléfono de contacto: 629 02 34 82
 Convoca: Xunta de Galicia

No hay comentarios: