miércoles, 7 de marzo de 2012

Intercambio en Figueira da Foz (Portugal)

A  Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, enmarcado dentro do programa galego de mobilidade organiza un intercambio a Figueira da Foz (Portugal)  do 23 ao 30 de marzo. Con este intercambio o que se pretende é  que os mozos e mozas de Galicia poidan desenvolver un programa de actividades de interese para a xuventude noutras partes do mundo.
CATEDRAL_DE_BRAGACon motivo do Ano Europeo do envellecemento activo e o diálogo interxeracional, este intercambio versará sobre a temática “os mozos e a solidariedade interxeracional”

Entre os obxectivos do programa galego de mobilidade destacan:
 -Facilitar e potenciar a adquisición de competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal e a toma de decisións na vida adulta.
 -Fomentar a cooperación entre mozos e mozas de diversas culturas para acadar obxectivos comúns que estimulen a participación e a solidariedade.
 -Comprender a diversidade sociocultural axudando a vencer prexuízos, fomentar a tolerancia e erradicar actitudes xenófabas, racistas, homófobas ou de outra índole que poidan levar á discriminación e á exclusión.
 -Favorecer a inclusión de mozos/as con menos oportunidades e ofrecer novas perspectivas para o seu desenvolvemento na sociedade.
 -Dar a coñecer as posibilidades do voluntariado xuvenil como mecanismo de participación e de cidadanía activa en aras do progreso social.

INFORMACIÓN XERAL:

  • O programa vai dirixido aos mozos e mozas galegos residentes en Galicia que teñan entre 18 e 30 anos no momento de celebración do intercambio.
  • Datas de realización do intercambio: 23 ao 30 de marzo
  • Prazo de inscrición: do 7 ao 13 de marzo
  • Neste intercambio, os/as  mozos/as faranse cargo dos custos de desprazamento  a lugar de aloxamento do país do intercambio, que será comunicado unha vez admitido no intercambio.

 A organización cubrirá os custos restantes, que se detallan a continuación:
 -seguro de viaxe e enfermidade
-aloxamento
-manutención en pensión completa agás os días da viaxe (inclúese cea o día de chegada, sempre que sexa antes das 21:00 horas)
-material para realizar as actividades, obradoiros, debates, encontros...
-transporte local durante as datas do intercambio

 No intercambio admitiranse, as primeiras 9 solicitudes que se reciban e atentendo á recepción e valoración por parte da organización do documento ao que se refire o parágrafo seguinte. Os admitidos recibirán un correo electrónico de confirmación da praza, así como o lugar de encontro no lugar de celebración do intercambio.  Se lle facilitará o nome do coordinador que acompañará ao grupo, así como o itinerario para poder chegar ao punto de encontro.
 Os/as 9 participantes seleccionados/as deberán remitir ao correo electrónico mobilidadexuvenil@xunta.es,  un documento dunha extensión de mínimo 1 folio e máximo 3 folios onde aborde a  temática do intercambio e a súa situación en Galicia, para os efectos da súa exposición nos foros de debate que se celebrarán no intercambio. A non remisión do referido documento no prazo que se lle indique será causa de perda da praza.
 De non recibir ningunha comunicación no prazo de 5 días despois do remate do prazo de inscrición, entenderase que non se obtivo praza.
 Unha vez se comunique por correo electrónico a admisión no programa,  o participante dispón de 48 horas para enviar un xustificante de compra de billete ata o lugar de celebración do intercambio. De non enviarse dito xustificante quedará anulada a súa praza no intercambio. Deberá remitirse ao correo mobilidadexuvenil@xunta.es
  Erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
 No  intercambio acompañará aos participantes un coordinador galego e actuará como interlocutor co país de acollida.
 O intercambio soamente se realizará se existe un mínimo de 5 mozos/as apuntados/as.
  
Recomendación de estación máis cercana para chegar ao lugar destino do país de celebración do intercambio
Figueira da Foz (Portugal)– en autobús ata Coimbra e despois en  tren ou autobús ata de Figueira da Foz

Para máis informaciónmobilidadexuvenil@xunta.es
Teléfono: 981544645

No hay comentarios: