lunes, 26 de marzo de 2012

Descontos co carné xove co programa Iniciación aos deportes náuticos

Convoca: Xunta de Galicia
Contido: Con este programa poderás disfrutar de diferentes actividades náuticas, como primeira toma de contacto en deportes como a vela lixeira, windsurf, ski náutico, surf, wakeboard e kaiak. Todas actividades impartidas por persoal moi experimentado e con idóneo para a aprendizaxe.

INSCRICIÓNS E RESERVAS:
www.tierraymar.net
info@tierraymar.net

PRAZO DE INSCRICIÓN:
O prazo de inscrición comeza a partires do venres 23 de marzo e remata 2 días antes da actividade.

ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS:
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar tódalas dispoñibles no programa.
Cancelarase a actividade se non hai un número mínimo de participantes.
No prazo máximo de 2 días dende o envío da solicitude, recibiredes un correo electrónico no que se vos confirmará, de ser o caso, a adxudicación da praza e o número de conta bancaria para realizar o ingreso.

DOCUMENTACIÓN:
Desde o día no que se vos confirme por correo electrónico a adxudicación da praza, teredes un prazo de 48 horas para enviar ao enderezo electrónico correspondente a seguinte documentación:
Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participación.
Fotocopia escaneada do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
Declaración responsable de que sabe nadar (anexo que se mandara por email).
Fotocopia do Carné Xove, de ser o caso.
Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas da listaxe de reserva.

ACTIVIDADE:
Do lúns 2 de abril o 6 de abril , en horario de maña (10:00 a 14:00 horas) ou de tarde (16:00 a 20:00).
Cada día da semana realizaremos una actividade distinta:
Luns (Vela lixeira)
Martes (Windsurf)
Mercores (Kaiak)
Xoves (Surf)
Venrés (Ski náutico e Wakeboard)

INCORPORACIÓN:
A incorporación será por conta do interesado nas datas e horas indicadas en cada ruta.

PARTICIPANTES:
Entre 5 e 20 prazas por turno.

TARIFAS E PROMOCIÓN CARNÉ XOVE.
Prezo por ruta 80 euros.
Con carné xove 70 euros.

INCLÚE:
Material necesario (Kaiak, embarcacións, neoprenos..)
Equipo de monitores de apoio titulados para cada actividade.
Embarcacións de apoio.
Seguro de responsabilidade civil
Material didáctico.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:
www.tierraymar.net
email información y reservas : info@tierraymar.net Teléfono de contacto: 661536265

No hay comentarios: