viernes, 16 de marzo de 2012

Promocións co carné xove para diferentes actividades de lecer


Convoca:
Xunta de Galicia

Contido:
- TermaMiño permitirache coñecer dende unha prespectiva nova e diferente a Galicia do interior na provincia de Ourense, descubrirás a ruta das termas en Kaiak, disfrutarás das Termas de Outariz, poñerás en xogo o teu poder de liderazgo e estratexias e descubrirás bosques autóctonos nun ámbito de meigas.
- TermaCarrilanos é un programa que fará que te somerxas na historia dunhas xentes de gran valor " Os Carrilanos " e que (facendo camiño) a través da súa obra coñezas unha parte do Macizo Central Ourensá, gozando dos beneficios das termas de Baños de Molgas e perdéndote no ámbito do río Arnoia, para practicar o tiro con arco
- TermaNatureza é unha actividade que te trasladará ás primeiras terras cristianizadas da provincia de Ourense, ó " Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xures " descubríndoas a través da Via XVIII ou Via Nova, do seu campamento romano Aquis Querquennais do ano 69-79 d.C, das súas termas e dos seus rios cunha ruta en k

Ademais se es titular do Carné Xove poderás beneficiarte dun importante desconto na cota de participación.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN
O prazo comeza o día 23 de Marzo de 2012
A data límite de inscrición remata unha semana antes da data do inicio da quenda elixida.

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles no programa.
Cancelarase a actividade se non se cobre o minimo de prazas por fin de semana.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
No prazo máximo de 5 días dende o envio da solicitude, recibiredes un correo electrónico no que se vos confirmará, de ser o caso, a adxudicación da praza e o numero de conta bancaria (no que deberedes realizar o ingreso) para realizar o ingreso.
Dende o dia en que se vos confirme por correo electrónico a adxudicación da praza, teredes un prazo de 48 horas para enviar, a os correos electrónicos aventura@aventurocio.net / cap360@galicia.com ou o numero de fax 988 0380 343, a seguinte documentación:
Fotocopia escaneada do xustificante de ingreso da cota de inscrición.
Fotocopia escaneada do Carné Xove en vigor.
Fotocopia escaneada do DNI.
Máis Información:www.xuventude.net
Fontehttp://www.xuventudevigo.org/nova/index.php/turismo/51-web-/4481-promocions-co-carne-xove-para-diferentes-actividades-de-lecer

No hay comentarios: