viernes, 9 de marzo de 2012

Cursos de idiomas no estranxeiro

cursosidiomas2012A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas de A Rioxa, Andalucía, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cidade Autónoma de Ceuta, Estremadura, Illas Baleares, Madrid, Murcia, Navarra e Valencia, pon en marcha o programa de Cursos de Idiomas no Estranxeiro 2012.

Quén pode acceder a este programa?

Todos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos.
Os menores de idade deberán presentar unha autorización dos seus país no momento de efectuar a reserva, sen prexuízo de cumprimentar posteriormente os documentos particulares que cada escola determine.
Para os menores de 16 anos é obrigatorio contratar o servizo de transfer tanto de ida como de volta (servizo de recollida e desprazamento desde o aeroporto ata o aloxamento).

IDIOMAS OFERTADOS

PREZOS

Os prezos varían en función do tipo de curso, número de leccións, réxime alimenticio, datas (tempada alta ou baixa), semanas de duración, tipo de aloxamento e outros servizos.
Éstes inclúen as clases do idioma elixido, o aloxamento (en familias, apartamentos ou residencias de estudantes) e un seguro de asistencia en viaxe.
Non inclúen os gastos de viaxe ata o país de destino, gastos de transporte local, as actividades e excursións que sexan opcionais dentro dos programas de cada escola, nin os traslados.
Os posuidores do Carné Xove terán un 6% de desconto sobre os prezos ofertados na Guía.

DATAS DE INICIO E DURACIÓN

Normalmente os cursos comezan en luns, aínda que algunhas escolas establecen datas determinadas de inicio para os principiantes. O aloxamento farase de domingo a sábado, chegando un día antes do comezo do curso e marchando un día despois do remate, salvo que a escola estableza que o aloxamento sexa de sábado a sábado ou de domingo a domingo.
A duración dos cursos é semanal (2, 3, 4 semanas…) e o número de leccións varía dun curso a outro (15, 20, 25 ou 30 lección semanas), así coma o horario.

ALOXAMENTO

Ofrécense distintas opcións: familia, residencia, pisos de estudantes, etc. Cada organización indica o tipo de manutención que inclúe no seu programa (sen comidas, aloxamento e almorzo, media pensión ou pensión completa). As actividades socioculturais e as excursións non sempre están incluídas no prezo do curso.

PRAZO DE SOLICITUDES

Hai que facer a solicitude como mínimo 15 días antes do comezo do curso, en tempada baixa (de xaneiro a maio e de outubro a decembro, e 30 días antes, en tempada alta (de xuño a setembro).
Para os cursos en Estados Unidos e Canadá, 30 ou 60 días antes da data de comezo do curso, dependendo de si se necesita ou non visado de estudante.
En tempada alta para Estados Unidos o prazo é de 2 meses como mínimo.

CONDICIÓNS E FORMA DE PAGO

No momento de solicitar a inscrición para un curso deberase aboar o 40% do seu importe. O 60% restante deberá aboarse, una vez confirmada a reserva de praza por parte da escola.
A reserva de praza non se considerará definitiva ata que non se reciba a confirmación por parte da escola.
Unha vez a oficina confirme a praza ao estudante, este xa pode reservar os seus voos e demais transportes que necesite empregar e deberá facilitar os datos dos mesmos á oficina xestora para que sexan comunicados aos responsables da escola e do aloxamento.
Antes do comezo do curso, entregarase ao estudante un certificado de inscrición, xunto coa documentación relativa a escola.
Para máis información consulta as condicións xerais.
ANTES DE SOLICITAR O TEU CURSO LE CON ANTECIÓN AS CONDICIÓNS XERAIS, nelas especifícanse aspectos tan importantes como son as recomendacións de viaxe, documentación, cambios e anulacións, aloxamento, etc.

CÓMO SOLICITAR UN CURSO?

Chamando ao teléfono 981 544 851 ou ben enviando un correo electrónico (co asunto: cursos de idiomas no estranxeiro) ao seguinte enderezo:
idiomas@xunta.es
No correo deberá figurar a seguinte información (sen ela será imposible facer una consulta sobre a dispoñibilidade do curso que solicitas):
  • Nome e apelidos
  • Data de nacemento
  • Teléfonos de contacto e enderezo electrónico
  • Páxina da guía na que figura o curso que solicitas. Se son varios os cursos elixidos, deberás indicar a orde de preferencia.
  • Idioma elixido e nivel
  • País, cidade, escola elixida e tipo de curso (especificando leccións, horarios….)
  • Datas de inicio do curso e datas de aloxamento. Indicando as semanas de duración.
  • Aloxamento, especificando o tipo de habitación e o réxime de manutención
  • Transfer.
Unha vez confirmada a dispoñibilidade de prazas no curso solicitado, enviaranse a conta de correo electrónico facilitada polo interesado os impresos necesarios para facer a solicitude e o pago do curso.

ENLACES DE INTERÉS:

Recomendacións de viaxe:
http://www.maec.es/es/MenuPpal/Consulares/RecomendacionesDeViaje/Paginas/recomendacionesold.aspx
Información por país:
http://www.maec.es/es/MenuPpal/Paises/InformacionporPais/Paginas/Informacin%20por%20Pas.aspx
Rexistro de viaxeiros:
http://www.visatur.maec.es/viajeros/
Tarxeta sanitaria europea:
http://www.seg-social.es/Internet_1/Trabajadores/PrestacionesPension10935/Asistenciasanitaria/DesplazamientosporE11566/TSE2/index.htm
Becas de Idiomas:
http://www.educacion.gob.es/horizontales/servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/idiomas.html


Fonte: 
http://xuventude.xunta.es/cursos-de-idiomas-no-estranxeiro.html

No hay comentarios: