miércoles, 27 de febrero de 2013

XVI Concurso de carteis da Festa do Polbo

polboO Concello de Mugardos convoca o XVI Concurso de carteis da Festa do Polbo.
1.- Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de 16 anos, que o desexen.
2.- Cada participante poderá presentar un único orixinal, de tamaño DIN A3, sen límite de cores ou técnicas. No caso de que o cartel premiado resulte estar feito por ordenador, tendo que ser un deseño orixinal, terá que ser entregado o soporte informático correspondente.
O tema do cartel será: XXIII FESTA DO POLBO.
Os carteis deberán presentar o debuxo e o seguinte texto:
  XXIII Festa do Polbo
  Concello de Mugardos
  Sábado, 13 de xullo de 2013
Os carteis deberán presentar o debuxo e o seguinte texto: XXIII FESTA DO POLBO CONCELLO DE MUGARDOS.
3.- Prazo de presentación será todo o mes de marzo de 2013.
4.- Os traballos irán asinados con pseudónimo, acompañándose dun sobre pechado que estará pegado por detrás do cartel, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla cos datos completos do autor/a: nome e apelidos, idade, enderezo completo e teléfono.
5.- O premio consistirá en 500 € que se entregarán en metálico.
Máis información no BOP da Coruña do 26 de febreiro de 2013 e na OMIX de Mugardos, teléfono 981 470 338

Ir atrás    Ir arriba

No hay comentarios: