martes, 12 de febrero de 2013

Varios Cursos de Monitor/a de Tempo Libre

A Escola Scout Insignia de Madeira vai impartir un módulo de expresión e animación os días 23 e 24 de febreiro no Colexio Público de Présaras, Vilasantar, A Coruña.
Teléfonos de contacto: 626019701 (Laura)  646250836 (Emilia)

A Escola Lucense de Tempo Libre modifica a temporalización e as datas de realización do curso de monitores de actividades de tempo libre que se ía celebrar en Lugo do 16/02/2013 ao 19/05/2013, establecéndose como lugar de realización a Casa da Xuventude(R/Jesús Bal e Gay s/n, 27002 Lugo) e sendo a súa temporalidade definitiva do 23/02/2013 ao 19/05/2013.

A Escola Galega de Tempo Libre vai impartir un curso de monitores de actividades de tempo libre en Monterroso (Espazo Cultural "Lorenzo Varela" - Rua Poeta Lorenzo Varela) do 16/02/2013 ao 01/06/2013.
Máis información:
Tlfno.: 881/912.735 - 607/935.924


A Escola de Tempo Libre Aika vai impartir un curso de monitores de actividades de tempo libre en Pontevedra (R/Gorgullón nº 42 baixo) do 14/02/2013 ao 18/04/2013.
Máis información:
Tel.: 986 848 486
Email: etlpontevedra@aikaformacion.com
     

No hay comentarios: